Evaristo Antonio Mosquera
matemático e profesor galego
Evaristo Antonio Mosquera Quiroga, nado en Monforte de Lemos en 1834 e finado en Pontevedra en outubro de 1894[1], foi un matemático e profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1834 ![]() Monforte de Lemos, España ![]() |
Morte | 1894 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matemático ![]() |
![]() ![]() |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Evaristo Mosquera.
Traxectoria
editarFoi profesor de Matemáticas do Instituto de Monforte de Lemos e catedrático dos institutos de Palencia (1871)[2], Ourense (1882) e Pontevedra (1887), do que foi nomeado director en 1891[3]. Foi redactor de La Constancia e La Perseverancia de Pontevedra e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana.
Obras
editar- Ábaco aritmético ó nuevo sistema de cálculo numérico en gran parte mecánico, menos laborioso y mucho más fácil, rápido y seguro que el usual, 1864.
- Memoria sobre un nuevo procedimiento para la extracción de las raíces cúbicas de los números enteros, 1872.
- Reductor métrico y diccionario metrológico español, inglés y norteamericano, 1876.
Notas
editar- ↑ Gaceta de Galicia, 27-10-1894, p. 2.
- ↑ La Correspondencia de España, 26-7-1871, p. 2.
- ↑ Gaceta de Galicia, 17-3-1891, p. 2.