Eva Forest
Genoveva Forest i Tarrat, máis coñecida como Eva Forest, nada en Barcelona en 1928 e finada en Hondarribia (Guipúscoa) o 19 de maio de 2007, foi unha novelista, ensaísta e escritora de contos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Genoveva Forest Tarrat ![]() 6 de abril de 1928 ![]() Barcelona, España ![]() |
Morte | 19 de maio de 2007 ![]() Hondarribia, España ![]() |
![]() | |
13 de maio de 1992 – 13 de abril de 1993 Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
![]() | |
13 de maio de 1992 – 13 de abril de 1993 ← José Luis Álvarez Enparantza Circunscrición electoral: Gipuzkoa (en) ![]() ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | editora literaria, médica escritora, política ![]() |
Partido político | Herri Batasuna ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Alfonso Sastre ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu nunha familia anarquista barcelonesa, e trasladouse en 1948 a Madrid para estudar medicina. Casou en 1956 co dramaturgo Alfonso Sastre, co que tivo tres fillos. Coñecida polas súas obras de denuncia e a súa proximidade ó mundo proetarra, dedicou a súa vida desde moi nova á defensa dos Dereitos Humanos, á loita feminista, e contra a tortura, motivos polos que estivo presa en máis dunha ocasión. Pasou case tres anos en prisión preventiva, no cárcere de Yeserías, como autora intelectual do atentado que ETA cometeu contra o almirante Carrero Blanco[1] estando en prisión ata a amnistía xeral de 1977.
Obras
editarEnsaios
editar- Operación Ogro, Hendaya, Ruedo Ibérico, 1974.
- Diario y cartas desde la cárcel, París, 1975.
- Testimonios de lucha y resistencia, París, 1976.
- Tortura y sociedad, (coatura) Madrid, Ed. Revolución, 1982.
- Onintze en el país de la democracia, Madrid, Ediciones Libertarias, 1985.
- Tortura y Democracia, GGAA, 1987.
- Dispersión, Hondarribia, Editorial Hiru, 1993
- Proceso al jurado, Hondarribia, Ed. Hiru, 1997.
- Los nuevos cubanos, 1997, inédito
- Manual de solidarios, Hondarribia, Ed. Hiru, 1999.
- Irak, ¿un desafío al nuevo orden mundial?, Hondarribia, Ed. Hiru, 1999.
- El uranio empobrecido, (coautora), Hondarribia, Ed. Hiru, 2001.
- El retorno de los intelectuales (coautora), Hondarribia, Ed. Hiru, 2004
Narrativa
editar- Febrero. Inédita, 1956.
- Huelga General. Inédita, 1958.
- Cuentos. Inédita.
- El jardín. Inédita.
- La casa. Inédita.
- Una extraña aventura, Hondarribia, Ed. Hiru, 2003.