Eva Fernández
Eva María Fernández, nada en Ourense en 1973, é unha actriz galega de teatro, cine e televisión.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 ![]() Ourense, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira interpretativa no mundo do teatro universitario, co grupo Maricastaña, pasando máis tarde pola compañía Sarabela.[1] Entre 1995 e 2000 participou na serie de éxito da Televisión de Galicia Pratos combinados, onde interpretou a Rosalía, filla do protagonista, Miro Pereira. Dende 1999 formou parte do elenco doutra célebre serie da TVG, Mareas vivas, onde deu vida á mariñeira Rosa.[2] Durante eses anos tivo pequenos papeis no cine, nos filmes A lingua das bolboretas, Lena e Ilegal.
En 2003 apareceu en varios episodios de Cuéntame cómo pasó, de Televisión Española, e en 2004 estreouse na TVG a serie As leis de Celavella, onde interpretou un dos papeis protagonistas, Matilde.[2] Por este traballo recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista na segunda edición destes galardóns.[3]
Entre 2008 e 2015 fixo o papel de Maite en Padre Casares e traballou tamén nas series Luci e Vidago Palace, aparecendo ademais nun episodio de El Ministerio del tiempo. En 2018 traballou na aclamada serie de Antena 3 Fariña, baseada no libro homónimo do coruñés Nacho Carretero, poñéndose na pel de Esther Lago, segunda esposa do narcotraficante cambadés Laureano Oubiña.[4]
Na primeira metade da década de 2020 tivo papeis nas series ambientadas en terras galegas Néboa, Auga seca e Rapa, así como no filme Cuñados e na súa secuela, +Cuñados.[5] Polo primeiro destes filmes obtivo o seu segundo nomeamento para os Premios Mestre Mateo, resultando gañadora nesta ocasión Iolanda Muíños.[6]
Películas
editar- A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda.
- Lena (2001), de Gonzalo Tapia. Como Cindy.
- Ilegal (2003), de Ignacio Vilar. Como Isabel.
- Rafael (2008), de Xavier Bermúdez. Como Amiga 1.
- Cuñados (2021), longametraxe de Toño López.
- +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés.
Televisión
editar- Pratos combinados (1995-2000, TVG) como Rosalía Pereira Santos.
- El súper (1999, Telecinco) como Paqui.
- Policías, en el corazón de la calle (2001, Antena 3).
- Agente 700 (2001, TVE).
- Mareas vivas (2000-2002, TVG) como Rosa.
- Cuéntame como pasó (2003, TVE) como Conchi.
- As leis de Celavella (2004-2005, TVG) como Matilde.
- Padre Casares (2008-2015, TVG) como Maite Costas.
- Piratas (2011, Telecinco).
- Luci (2013-2015, TVG) como Sole.
- Vidago Palace (2017, RTP1-TVG). Como Xenoveva.
- El ministerio del tiempo (2017, TVE).
- Fariña (2018, Antena 3) como Esther Lago.
- Néboa (2020, TVE). Como Mara.
- Auga seca (2020-2021, TVG-RTP). Como Irene Saavedra.
- Rapa (2022-2024, Movistar Plus+). Como Dubra.
- Los Argonautas y la moneda de oro (2023, TVE). Como Helena.
Premios e nomeamentos
editarPremios Mestre Mateo
editarAno | Categoría | Obra | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Mellor actriz protagonista | As leis de Celavella | Gañadora |
2021 | Mellor actriz secundaria | Cuñados | Nomeada |
Notas
editar- ↑ "La ourensana Eva Fernández, una actriz sin límites". La Región (en castelán). 9 de xaneiro de 2025. Consultado o 9 de xaneiro de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 "«A conexión entre os actores e a audiencia galega é moi real, de pel»". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022. Consultado o 29 de decembro de 2024.
- ↑ ""As Leis de Celavella" foi con nove estatuíñas, a gran vencedora dos premios Mestre Mateo 2003". 28 de xuño de 2004. Consultado o 9 de xaneiro de 2025.
- ↑ "¿Quién es quién en Fariña? Los actores frente a los personajes reales". El Mundo (en castelán). 10 de maio de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2024.
- ↑ "Entrevista a Eva Fernández. Vuelve a brillar en la película "+Cuñados"" (en castelán). 23 de abril de 2024. Consultado o 30 de decembro de 2024.
- ↑ "El recuerdo de Pedro Brandariz se hace eterno en los XX Mestre Mateo" (en castelán). 21 de marzo de 2022. Consultado o 9 de xaneiro de 2025.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva Fernández |