Eva Braun
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Eva Anna Paula Hitler, nada co apelido Braun en Múnic o 6 de febreiro de 1912 e finada en Berlín o 30 de abril de 1945, foi a amante de Adolf Hitler e, durante menos de 40 horas, a súa dona.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (de) Eva Anna Paula Braun Hitler ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Eva Anna Paula Braun ![]() 6 de febreiro de 1912 ![]() Múnic, Alemaña ![]() |
Morte | 30 de abril de 1945 ![]() Führerbunker, Alemaña ![]() |
Causa da morte | suicidio, envelenamento ![]() |
Lugar de sepultura | valor descoñecido ![]() |
Relixión | Católico non practicante ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía ![]() |
Lugar de traballo | Alemaña nazi ![]() |
Ocupación | fotógrafa, photo lab technician (en) ![]() ![]() |
Empregador | Heinrich Hoffmann ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Adolf Hitler (1945–1945), morte do cónxuxe ![]() |
Parella | Adolf Hitler (1945–1945) ![]() |
Pais | Friedrich Braun ![]() ![]() |
Irmáns | Gretl Braun Ilse Braun ![]() |
Parentes | Hermann Fegelein, cuñado Paula Hitler, cuñada Angela Hitler, cuñada Ida Hitler, cuñada Otto Hitler, cuñado Gustav Hitler, cuñado Alois Hitler, cuñado Edmund Hitler, cuñado Klara Pölzl, sogra Alois Hitler, husband's father ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Medvik >>>:Braun, Eva, 1912-1945, ![]() NDB-online (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFilla de Friedrich Braun, mestre de escola, e Franziska Kronberger, modista, educouse nun colexio de monxas e era amante do deporte, en especial do atletismo. En 1929 entrou a traballar na tenda de fotos de Heinrich Hoffman (o fotógrafo oficial do Partido Nazi) e en outubro dese mesmo ano coñeceu a Adolf Hitler. A relación entre Eva Braun e Hitler, levouse con total discreción e segredo.
Tralo suicidio de Geli Raubal (a filla da medio irmá de Hitler), en 1931 intensificouse a relación, aínda que tamén mantivo outras relacións, como a da actriz Renate Müller.
Para chamar a atención de Hitler, ocupado na preparación das eleccións do 6 de novembro de 1933, o 1 de novembro Eva Braun disparouse un tiro no pescozo. O 29 de maio de 1935, por temor a que Hitler a abandonase, realizou a súa segunda tentativa de suicidio, coa inxestión de 35 pílulas para durmir. Tras este intento marchou a vivir coa súa irmá a unha casa alugada, deixou a tenda e finalmente Hitler mercoulle unha casa nun suburbio próximo a Múnic. A relación intensificouse e comezou a acudir a Berghoff, a residencia de descanso de Hitler: alí afeccionouse a rodar filmes caseiros, entre eles algúns dos primeiros en cor rodados en Alemaña.
A comezos de abril de 1945 uniuse a Hitler no búnker da chancelaría, rexeitou marchar en avión e decidiu permanecer con Hitler ata o final. Na noite do 28 ao 29 de abril casa con Adolf Hitler. O 30 de abril suicidouse xunto a Hitler e o persoal do búnker queima os corpos.