Europa (filme)
filme de Lars von Trier
Europa é un filme do ano 1991 dirixido por Lars von Trier. É a terceira película teatral deste director e a última da súa triloxía europea, despois de Forbrydelsens element (1984) e Epidemic (1987). En América do Norte o filme foi renomeado como Zentropa para evitar confusións con Europa Europa (1990) de Agnieszka Holland. Está influída pola novela de Franz Kafka Amerika.
Europa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Lars von Trier |
Produtor | Peter Aalbæk Jensen Bo Christensen |
Guión | Lars von Trier Niels Vørsel |
Música | Joachim Holbek |
Fotografía | Henning Bendtsen Edward Klosinski Jean-Paul Meurisse |
Montaxe | Hervé Schneid |
Distribuidora | Nordisk Film |
Estrea | 12 de maio de 1991 (no Festival de Cannes) |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Dinamarca España Suecia Francia Alemaña Suíza |
Xénero | Drama e cine arte |
Orzamento | 4 millóns de USD |
Recadación | 1 millón de USD |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarDespois da segunda guerra mundial, Leo Kessler, un mozo estadounidense de orixe alemá, trasládase a Alemaña para traballar co seu tío nunha empresa de trens. O seu traballo permitiralle viaxar, fascinado, por un país destruído pola guerra; pero tamén terá que enfrontarse paseniñanmente aos horrores do holocausto nazi.[1]
Personaxes
editar- Jean-Marc Barr como Leopold Kessler
- Barbara Sukowa como Katharina Hartmann
- Udo Kier como Lawrence Hartmann
- Ernst-Hugo Järegård como Uncle Kessler
- Henning Jensen como Siggy
- Erik Mørk como Pater
- Eddie Constantine como Colonel Harris
- Max von Sydow como Narrador
- Jørgen Reenberg como Max Hartmann
- Benny Poulsen como Steleman
- Erno Müller como Seifert
- Dietrich Kuhlbrodt como Inspector
- Michael Phillip Simpson como Robins
- Holger Perfort como Mr. Ravenstein
- Anne Werner Thomsen como Mrs. Ravenstein
- Lars von Trier como Xudeu
- Baard Owe como Home con papeis
Galardóns e nomeamentos
editar- 1991: Festival de Cannes: Premio do Xurado (ex aequo), Gran Premio Técnico
- 1991: Festival de Sitges: Mellor filme, mellor fotografía
- 1992: Un nomeamento nos Premios do Cinema Europeo, mellor actriz (Barbara Sukowa)
Notas
editar- ↑ "Europa (1991)". FilmAffinity (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Europa en FilmAffinity (en castelán)
- Zentropa (Europa) en Rotten Tomatoes (en inglés)