Europa (filla de Ticio)
filla de Ticio
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Europa (homónimos).
Na mitoloxía grega, Europa foi unha filla do xigante Ticio, fillo de Zeus e Elara.
Estando nas beiras do río Cefiso (mitoloxía), foi seducida por Poseidón e tivo un fillo, Eufemo, que foi un dos Argonautas. Outras fontes din que era fillo de Poseidón e a pléiade Celeno [1].
[Os argonautas convocados] "...Eufemo, fillo de Neptuno e de Europa, filla de Ticio, de Ténaro. Dise que podía correr sobre a auga sen mollar os pés".(Hixino: Fábulas 14, 15)
Notas
editar- ↑ Hixino: Fábulas 157, 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Alianza Editorial. ISBN 9788420650722. (en castelán)