Eugenio Bernal Pérez

fotógrafo e guerrilleiro antifranquista galego

Eugenio Bernal Pérez, nado en Madrid o 15 de marzo de 1923 e finado en Montevideo o 1 de novembro de 1986, foi un fotógrafo e guerrilleiro antifranquista galego.

Modelo:BiografíaEugenio Bernal Pérez
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1923 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo, maquis Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Aos tres anos a familia trasladouse a Ferrol. Traballou en Astano e fundou, cun compañeiro, os estudos de fotografía Gomber. Compañeiro de Antonio Molins Valls e Leonardo Gómez Pérez, foi detido en Ferrol o 17 de febreiro de 1943 nunha acción da Policía Armada. Antonio e Leonardo lograron fuxir, aínda que Leonardo ferido na cabeza.

En 1953 marchou ao Brasil e tres anos despois trasladouse a Montevideo, onde montou outro estudio de fotografía. Foi presidente da Casa de España e colaborador do diario El Popular. Foi detido pola ditadura o 5 de xullo de 1977 coa acusación de facer fotos de carnet,[1] estivo tres anos preso.[2] Regresou a Ferrol en 1980 logo de moitas mobilizacións pola súa liberación.[3] A súa familia permanecía no Uruguai, polo que se instalou en Buenos Aires onde se reuniu con eles.

En 1983 detectouselle un cancro de recto, e déronlle seis meses de vida, aínda así regresou a Montevideo en 1985.

  1. La Voz de Galicia, 13-8-1977, p. 11.
  2. "Un madrileño, detenido en Montevideo después de cumplir condena". El País (en castelán). 13 de febreiro de 1980. 
  3. "Ferrol: El fotógrafo Eugenio Bernal, libre, después de tres años de carcel y torturas en Uruguay", La Voz de Galicia, 12-3-1980, p. 35.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 42. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas

editar