Eugenio
Eugeni Jofra Bafalluy, máis coñecido como Eugenio, nado en Barcelona o 11 de outubro de 1941 e finado o 11 de marzo de 2001 en Barcelona, foi un popular humorista barcelonés que se fixo famoso en España polas súas aparicións en televisión durante as décadas de 1980 e 1990.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Eugeni Jofra i Bafalluy 11 de outubro de 1941 Barcelona, España |
Morte | 11 de marzo de 2001 (59 anos) Barcelona, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Outros nomes | Eugenio |
Actividade | |
Ocupación | músico (1965–2001), xoieiro (1958–1978), pintor, actor, humorista |
Período de actividade | 1965 - 6 de marzo de 2001 |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Concepción Alcaide Rodríguez (1939–1980) |
Pai | Gerard Jofra |
Traxectoria
editarEste artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Comezou a súa andaina artística a principios dos anos 70 formando un dúo musical coa súa esposa, Conchita Alcaide (quen morrería de cancro dez anos despois). Na década dos 80 fíxose famoso como narrador (el dicía «intérprete») de chistes (tampouco lle gustaba esta palabra; prefería «historias» ou «contos»). O seu humor era absurdo e parte da súa efectividade residía no seu aspecto permanentemente serio («só río cando cobro», adoitaba dicir), nos cambios de ritmo que impuña apoiándose nas pausas para beber e fumar ou acender os cigarros e en que non necesitaba, como outros humoristas, recorrer a imitar voces ou acentos. Actuaba sempre vestido de negro, sentado habitualmente nun tallo cunha bebida (vodka con zume de laranxa) e un cigarro negro. Contaba os chistes cun forte acento catalán, intercalando a miúdo palabras e expresións da súa lingua materna ao contar os chistes en español. A frase coa que iniciaba as narracións, «el saben aquel que diu...?», dá exemplo diso.
Eugenio coñeceu gran popularidade nos anos 1980, cando se multiplicaban as súas actuacións en vivo e as súas aparicións en televisión, e as gravacións dos seus chistes, en soporte casete sobre todo, vendíanse por todas as partes. Despois, a principios da década dos 90, apartouse dos escenarios, reaparecendo na escena poucos anos antes da súa morte, co espectáculo Érase otra vez... Eugenio.
Morreu dun ataque ao corazón o 11 de marzo do 2001, aos 59 anos de idade. Tiña un fillo e unha filla do seu primeiro matrimonio e outro fillo do segundo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Jofra Alcaide, G. (2018). Eugenio. Libros Cúpula. ISBN 978-84-480-2495-6.
Ligazóns externas
editar- Recompilación de chistes de Eugenio (en castelán)
- Eugenioforever.com, outra recompilación de chistes facendo tributo ao humorista. (en castelán)