Eugèni Garcin
Eugèni Garcin (en francés: Eugène Garcin), nado en Alens o 31 de decembro de 1831 e finado en Anthony (Illa de Francia), en febreiro de 1909, foi un xornalista e escritor occitano.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1830 ![]() Alleins, Francia ![]() |
Morte | 11 de febreiro de 1909 ![]() Antony, Francia ![]() |
Sub-prefect of Muret (en) ![]() | |
1870 – 1871 ![]() | |
Datos persoais | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, mestre ![]() |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Lou Felibre de Santo Braso ![]() |
Participou en | |
Felibrige ![]() |
|
Familia | |
Cónxuxe | Euphémie Vauthier ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionnaire des auteurs de langue d'Oc de 1800 à nos jours (pt) ![]() Q130492555 ![]() ![]() |
Biografía
editarNado no seo dunha familia modesta, o seu pai era mariscal. Fixo uns estudos que lle deron un bo para traballar do xornalismo e a escritura. Na súa xuventude, escribiu poesías en occitano que foron publicadas por Roumanille en 1851 dentro da obra colectiva Lei Provençalas. Participou no Romavatge dei Trobaires de Aix-en-Provence en 1853. Fíxose amigo de Mistral e escribiu a miúdo dentro do Armanac Provençau. Marchou a París e en 1861 casou coa directora da pensión onde traballaba. Comezou a súa carreira xornalística e converteuse en 1868 nun dos colaboradores do xornal marselles Le Peuple. Eugène Garcin participou moi activamente no movemento félibre e nese mesmoa no 1868, mais coa publicación de Les Français du Nord et du Midi anóxase cos seus amigos félibres, acusándoos de separatismo. Cando se proclamou a República, foi nomeado prefecto de Mureth. Pouco despois, deixou este traballo para facer de xornalista en Tolosa. Colaborou nos xornais L'Émancipation e L'Avenir du Gers, nos que expandiu as súas ideas revolucionarias.