Eugène Viollet-le-Duc
Eugène-Emmanuel Viollet-le-Duc nado en París o 27 de xaneiro de 1814 e finado en Lausana o 17 de setembro de 1879, foi un arquitecto, arqueólogo e escritor francés. Defendeu o uso dunha metodoloxía racional no estudo dos estilos do pasado, contraposta ó historicismo romántico. As súas teorías exerceron unha grande influencia en artistas posteriores, como Guimard, Gaudí, Horta ou Vilaseca.
Traxectoria
editarNacido no seo dunha familia da alta burguesía, dende moi novo interesouse pola Arquitectura da Idade Media e aínda que foi discípulo de Achille Leclère, rexeitou ingresar na escola de Belas Artes para converterse en autodidacta percorrendo Francia e Italia.
Teoría da restauración
editarNa súa teoría defende que o restaurador debe poñerse no lugar do arquitecto-creador primitivo, entendendo o espírito da obra e aplicalo á reconstrución da mesma. Trata de volver ó edificio a súa forma orixinal (forma prístina), ou como el entende que debeu ser, posto que afirma que a partir das partes que aínda existen é posible reconstruír o total, por pura coherencia do estilo.
As súas intervencións sobre diversos monumentos franceses caracterizáronse sempre pola primacía do estilo gótico, considerado por Viollet superior dende o punto de vista técnico e estético.
A chamada unidade de estilo buscaba resaltar os aspectos medievais do edificio tratado, isto obrigaba a eliminar ou alterar os elementos "inferiores" ou secundarios engadidos con posterioridade nos momentos renacentista, barroco ou neoclásico. En certas ocasións as intervencións de Viollet provocaron a desaparición de interesantes engadidos de gran calidade e valor histórico artístico, causando a ruptura do proceso vital da obra artística.
Viollet-le-Duc é unha figura oposta, no tocante as ideas, a John Ruskin que defende a conservación fronte á restauración.
Obras destacadas
editarRestauracións
editar- Santa María Magdalena de Vezelay.
- Catedral de Amiens.
- Abadía de Saint Denis de París.
- Catedral de Lausana.
- Catedral de San Sernin de Tolosa, Francia.
- Catedral de Notre-Dame de París.
- Sainte Chapelle.
- San Luis de Poissy.
- Semur.
- San Miguel de Carcassonne.
- Casa do concello de San Antonio.
- Casa do concello de Narbona.
- Castelo de Pierrefonds.
- Fortificacións de Carcasona.
- Castelo de Coucy.
- Castelo de Roquetaillade.
Escritos
editar- Dictionnaire de l'architecture française du XIe au XVIe siècle (1854-68).
- Dictionnaire raisonné du mobilier français de l'époque Carolingienne à la Renaissance (1858-75).
- L'Architecture militaire au moyen Âge (1854).
- Entretiens sur l'architecture (1863-72).
- Cités et mines américaines (1863).
- Mémoire sur la défense de Paris (1871).
- Habitations modernes (1874- 77).
- Histoire d'une maison (1873).
- Histoire d'une forteresse (1874).
- Histoire de l'habitation humaine (1875).
- Le Massif du Mont Blanc (1876).
- L'Art russe (1877).
- Histoire d'un hotel-de-ville et d'une cathédrale (1878.)
- La Décoration appliquée aux édifices (1879).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugène Viollet-le-Duc |