Estruga membranosa
especie botánica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ortiga (homónimos).
Estruga membranosa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Urtica membranacea Poir. |
A estruga membranosa (Urtica membranacea), é unha especie de planta herbácea pertencente á familia das urticáceas. É orixinaria da rexión do Mediterráneo, aparece en Galiza.
Descrición
editarDiferénciase da estruga maior (Urtica dioica L.), a máis común no territorio, por ser unha planta anual, xeralmente monoica, que presenta os acios masculinos simples, co eixo alargado, e follas con pelos unicamente urticantes.
Hábitat
editarPlanta nitrófila, ruderal, que se instala en cultivos, camiños e terreos ermos algo húmidos e sombrizos. Atópase a unha altura de 190 - 1000 metros.
Distribución
editarDistribuída pola rexión mediterránea, na Península Ibérica áchase fundamentalmente localizada nas provincias marítimas. Aparece en Galiza.
Sinonimia
editar- Urtica caudata Vahl, Symb. Bot. 2: 96 (1791), nom. illeg.
- Urtica dubia Forssk., Fl. Aegypt.-Arab. CXXI (1775), nom. inval.
- Urtica lusitanica Brot., Fl. Lusit. 1: 205 (1804)
- Urtica membranacea raza lusitanica (Brot.) Samp., Man. Fl. Portug. 127 (1910)
- Urtica membranacea var. horrida Willk. in Willk. & Lange, Prodr. Fl. Hispan. 2: 251 (1862)
- Urtica membranacea var. subinermis Sennen, Pl. Espagne n.° 370, in sched.[1]
Notas
editar- ↑ "Estruga membranosa". Real Jardín Botánico: Flora Ibérica. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2016.