Estroncianita
A estroncianita[1] é un mineral moi raro da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é SrCO3 (70,2% de SrO e 29,8% CO2). É soluble e efervescente a diversos ácidos diluídos.
Estroncianita | |
---|---|
![]() Estroncianita (cristais brancos) | |
Fórmula química | SrCO3 |
Clase | Carbonatos |
Sistema cristalino | Rómbico |
Cor | Branca, gris, rosada, amaarelada e verdosa |
Brillo | De vítreo a resinoso |
Dureza | 3,5 |
Fractura | Concoidea ou irregular |
Exfoliación | Moi imperfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 3,7 g/cm3 |
Aspecto
editarPresenta na súa forma cristalina, cristais individuais ou en grupos diverxentes en forma de prismas hexagonais estriados horizontalmente.
Lugares onde se atopa
editarA estroncianita atópase en filóns hidrotermais de baixa temperatura e en sedimentos calcáreos e arxilosos.
Usos da estroncianita
editarA estroncianita úsase como fonte de estroncio, o cal é usado na pirotecnia e en foguetes militares.
Outros carbonatos
editarA calcita e a aragonita son outros carbonatos de importancia.
- ↑ "estroncianita". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.