Estrepsicerotinos
Estrepsicerotinos ou Traguelafinos Strepsicerotini vel Tragelaphini Rango fósil: mioceno medio – actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Taurotragus oryx | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
A dos estrepsicerotinos (Strepsicerotini), ou traguelafinos (Tragelaphini), é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos, que comprende especies que se encontran só no continente africano (a diferenza das dos boselafinos e dos bovininos, que son na súa maioría asiáticos).
Os membros deste grupo son antílopes de tamaño grande e constitución lixeira, co pescozo longo, e amosan un considerábel dimorfismo sexual (os machos exhiben grandes cornos enrolados en espiral e as femias carecen deles).
Sete das nove especies (reunidas en dous xéneros) que abrangue a tribo están lixeiramente ameazadas (as do xénero Tragelaphus), dependendo de medidas de conservación para a súa supervivencia, mentres que as outras dúas (as do xénero Taurotragus), o elán común e o grande elán ou antílope de Derby, son seguras.
Taxonomía
editar- Familia Bovidae Gray, 1821 [2]
- Subfamilia Bovinae Gray, 1821 [3]
- Tribo Strepsicerotini Simpson, 1945, ou Tragelaphini Ellerman et al., 1953.[4]
- Xénero Taurotragus Wagner, 1855 [5]
- Taurotragus derbianus Gray, 1847 - elán de Derby
- Taurotragus oryx Pallas, 1766 - elán común
- Xénero Tragelaphus de Blainville, 1816 [6]
- Tragelaphus angasii Gray, 1849 - niala
- Tragelaphus buxtoni (Lydekker, 1910) - niala de montaña
- Tragelaphus eurycerus (Ogilby, 1837) - bongo
- Tragelaphus imberbis (Blyth, 1869) - cudú pequeno
- Tragelaphus scriptus (Pallas, 1766) - antílope xeroglífico
- Tragelaphus spekii Sclater, 1863 - sitatunga
- Tragelaphus strepsiceros (Pallas, 1766) - gran cudú
- Xénero Taurotragus Wagner, 1855 [5]
- Tribo Strepsicerotini Simpson, 1945, ou Tragelaphini Ellerman et al., 1953.[4]
- Subfamilia Bovinae Gray, 1821 [3]
-
Tragelaphus strepsiceros ♀
Controversia taxonómica
editarComo queda dito na nota 1, Leakey, seguindo ao seu colaborador Simpson, considera o nome da tribo como Strepsicerotini, sendo o seu xénero tipo Strepsiceros Frisch, 1774. Porén, o Taxonomicon admite o nome de Tragelaphini, e o seu xénero tipo, Tragelaphus.[7]
Peter Grubb, en "Review of Family-Group Names of Living Bovids", Journal of Mammalogy Vol. 82, No. 2 (maio de 2001), pp. 374–388, revisa os autores e as datas de publicación dos grupos actualmente existentes dentro da familia dos bóvidos. Entre eles, Tragelaphini se debe atribuír a Blyth, 1863, non a Jerdon, 1874. E que Adenotinae (e Eleotraginae), Connochaetini, Nesotragini, Strepsicerotini, Sylvicaprinae e Tetracerini son sinónimos séniores (os primeiros, e que xeralmente deben ser conservados) de Reduncinae, Alcelaphini, Neotragini, Tragelaphini e Boselaphini, respectivamente. Neotragini e Reduncinae son nomena protecta (nomes que deben protexerse) e deben usarse preferentemente aos seus sinónimos séniores menos familiares. E que até que se confirme a súa validez, Boselaphini, Tragelaphini, Cephalophinae e Alcelaphinae tamén deben empregarse preferentemente aos seus sinónimos séniores. Polo tanto, este autor é partidario de usar Tragelaphini no canto de Strepsicerotini.
The Free Dictionary dá como sinónimo de Tragelaphus, a Strepsiceros (ver Tragelaphus no Free Dictionary). Porén, no moi autorizado libro de referencia Mammal Species of the World recóllese o xénero Tragelaphus, para o que non dá sinónimo ningún, strepsicerus recóllese como o nome específico dunha das especies do xénero (incidentalmente, cita a tribo dos Tragelaphini cando comenta que as liñaxes monofiléticas dentro da tribo non se propuxeron sobre a base da morfoloxía).[6]
Pola súa parte, Malcolm McKenna e Susan K. Bell, na páxina 447 da súa obra Classification of Mammals. Above the Species Level, consideran que o xénero Tragelaphsu inclúe a Strepsiceros.[8]
De calquera xeito, se a tribo está formada polos xéneros Taurotragus e Tragelaphus, como aquí se indica, o procedemento normal para construír os nomes das tribos é facelo sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Tragelaphus (ou, na outra opción, Strepsiceros), engadíndolle a desinencia do latín científico -ini.
Filoxenia
editarBovinos
editarRelacións filoxenéticas dos bovinos, segundo F. Bibi, 2013.[9]
| ||||||||||||||||
Traguelafinos
editarRelaciónes filoxenéticas dos traguelafinos tiradas de análises combinadas de todos os datos moleculares, segundo Willows-Munro et al., 2005.[10]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ Leakey, en 1967, considera, seguindo a Simpson, o nome da tribo como Strepsicerotini, sendo o seu xénero tipo Strepsiceros Simpson.
- ↑ Bovidae en MSW.
- ↑ Bovinae en MSW.
- ↑ Véxase, máis abaixo, "Controversia taxonómica".
- ↑ Taurotragus en MSW.
- ↑ 6,0 6,1 Tragelaphus en MSW.
- ↑ Tribe Tragelaphini (Jerdon, 1874) Ellerman, Morrison-Scott & Hayman, 1953 no Taxonomicon.
- ↑ Tragelaphus
- ↑ Bibi, Faysal (2013): "A multi-calibrated mitochondrial phylogeny of extant Bovidae (Artiodactyla, Ruminantia) and the importance of the fossil record to systematics". BMC Evolutionary Biology 13: 166.
- ↑ Willows-Munro, S.; Robinson, T.J.; Matthee, C.A. (2005). "Utility of nuclear DNA intron markers at lower taxonomic levels: Phylogenetic resolution among nine Tragelaphus spp.". Molecular Phylogenetics and Evolution 35 (3): 624–636. doi:10.1016/j.ympev.2005.01.018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Kingdon, J. (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. 2nd Edition. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton Univeristy Press. ISBN 978-0-6911-6453-3.
- Leakey, L. S. B. (1967): Olduvai Gorge 1957-1961. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-10517-0, p. 38.
- McKenna, M. e Susan K. Bell (2000): Classification of Mammals. Above the Species Level. Nova York, NY, USA: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1013-6.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-0.