Estrellita Castro
Estrella Castro Navarrete, máis coñecida como Estrellita Castro, nada en Sevilla o 26 de xuño de 1908 e finada en Madrid o 10 de xullo de 1983, foi unha cantante e actriz española considerada a creadora da copla andaluza.[Cómpre referencia] A artista viviu a súa época dourada durante os anos 30 e 40 do Século XX. Algunhas das súas cancións máis famosas son Mi Jaca, Rocío, La Morena de mi Copla, Suspiros de España e María de la O.
![]() | |
Nome orixinal | (es) Estrella Castro Navarrete ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de xuño de 1908 ![]() Sevilla, España ![]() |
Morte | 10 de xullo de 1983 ![]() Madrid, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena ![]() |
Cor dos ollos | Azul ![]() |
Cor do pelo | Pelo negro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 1925 ![]() |
Xénero artístico | Copla andaluza ![]() |
Profesores | Regina de Lamo ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Estancia en Galicia
editarO pai de Estrellita, José Castro Bascuas, era un peixeiro galego que emigrou a Andalucía. Aínda que a artista naceu en Sevilla permaneceu dous anos en San Pedro de Ancorados, A Estrada, localidade natal do seu pai. Cando Estrellita era unha estrela consagrada da canción, foi co seu espectáculo a este lugar e actuou no Principal, onde foi calidamente acollida polo público [1].
Filmografía
editar- 1973 - Casa Flora
- 1971 - La casa de los Martínez
- 1967 - La Niña del patio
- 1963 - Han robado una estrella
- 1953 - Gitana tenías que ser
- 1943 - La patria chica
- 1943 - La maja del capote
- 1942 - Los misterios de Tánger
- 1941 - Torbellino
- 1940 - La gitanilla
- 1939 - Los hijos de la noche
- 1938 - Mariquilla Terremoto
- 1938 - El barbero de Sevilla
- 1938 - Suspiros de España
- 1935 - Rosario la Cortijera
- 1933 - Mi patio andaluz (corto)
Notas
editar- ↑ "Estrellita Castro quedou «pasmada» e toureaba na súa mocidade estradense". Arquivado dende o orixinal o 11/03/2016. Consultado o 13/07/2014.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estrellita Castro |