Estenogastrinos
Estenogastrinos Stenogastrinae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Niño de Liostenogaster flavolineata | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
|
A dos estenogastrinos (Stenogastrinae) é unha subfamilia de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, unha das integradas na familia dos véspidos.
Taxonomía
editarDescrición
editarA subfamilia foi descrita en 1918 polo naturalista estadounidense de orixe belga, especializado en carcinoloxía e entomoloxía, Joseph Charles Bequaert.[1]
Etimoloxía
editarO nome científico Stenogastrinae está formado polo elementos Stenogastr- e -inae. O primeiro é a raíz de nome do seu xénero tipo, Stenogaster (derivado dos termos do grego antigo στενός stenós, "estreito", e γαστήρ gastḗr, "ventre"), e o segundo é o sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfammilias de animais.
Xéneros
editarNa subfamilia recoñécense os seguintes xéneros:[1]
- Anischnogaster Vecht, 1972
- Chalogaster Carpenter & Starr, 2000
- Eustenogaster Vecht, 1969
- Liostenogaster echt, 1969
- Metischnogaster Vecht, 1977
- Parischnogaster Schulthess, 1914
- Stenogaster Guérin in Duperry, 1831
Características
editarOs estenogastrinos teñen unha bioloxía diversa, con especies de comportamento solitario a eusocial. Son véspidos relativamente pequenos, alcanzando unha lonxitude corporal aproximada de entre 1 e 2 cm. No seu hábitat destacan polo seu característico voo elevado. Son de cor marrón escura a negra, con marcas amarelas de diferentes dimensións, sendo difícil distinguir machos e femias na maioría das especies. Os estenogastrinos son delgadas (ao que alude o seu nome cienífico, "de ventre estreito"), coas patas relativamente curtas e un pecíolo delgado e notablemente longo. Os representantes da subfamilia difiren doutros véspidos na combinación das seguintes características:
- As escamas das ás (tégulas) están moi separadas do lóbulo pronotal (un proceso en forma de lóbulo no bordo posterior do pronoto), sempre máis ancho que o diámetro do lóbulo).
- Na cabeza, o clípeo adoita estar apuntado á fronte, pero ás veces arredondado.
- Debido a isto e ás longas mandíbulas, a cabeza aparece triangular cando se ve desde a fronte.
- Os animais en repouso tamén distínguense doustras avespas polo feito de que perderon a capacidade de pregar lonxitudinalmente as súas ás, e as dobran ao dorso (como o fan as abellas).[2][3]
Distribución
editarPracticamente todos os estenogastrinos encóntrasen nas rexións tropicais do Sueste asiático, na India Oriental, Indochina e as illas de Indonesia, até Nova Guinea.
Galería
editar-
Parischnogaster mellyi femia
-
Colonia de Parischnogaster sp.
-
Colonia de Liostenogaster vechti
-
Agrupación de colonias de Liostenogaster vechti
-
Eustenogaster calyptodoma
-
Niño de Eustenogaster fraterna
-
Niño de Eustenogaster micans
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Stenogastrinae Bequaert, 1918 en BioLib.
- ↑ James M. Carpenter & Lien Phuong Thi Nguyen (2003): "Keys to the genera of social wasps of South-East Asia (Hymenoptera: Vespidae)". Entomological Science 6: 183–192.
- ↑ Henri Goulet & John T. Huber (editores): Hymenoptera of the world: an identification guide to families. Ottawa, Ontario: Centre for Land and Biological Resources Research, Research Branch Agriculture Canada Publication l894/E. ISBN 0-6601-4933-8, p. 214.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estenogastrinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Estenogastrinos |
Bibliografía
editar- Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
- Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
- Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
- Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
- Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
- O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
- Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
- Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.