Estatuas e retratos de monarcas hispanos
A maioría destas estatuas son parte da serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España que foron esculpidas en pedra branca, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI.[1]
Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os autores son Olivieri e Felipe de Castro. Parece ser que nunca chegaron ao seu destino e instaláronse en distintos lugares da cidade (Praza de Oriente, O Retiro, Porta de Toledo e nos Xardíns de Sabatini) algunhas outras leváronse a outras provincias. As dos monarcas do reino de Navarra enviáronse a Pamplona, e están colocadas no Paseo de Sarasate.
Hispania foi o nome dado por Roma a toda a Península Ibérica, non soamente a unha fracción territorial que agora está ocupada por España, senón que tamén foi o nome compartido por dúas provincias diferenciadas, fundadas por Roma: Hispania Citerior (próxima, oriental) e Hispania Ulterior (distante, occidental). A Hispania Ulterior foi máis tarde dividida noutras dúas rovincias adicionais, Bética aproximadamente a actual Andalucía) e a Lusitania (que incluía non soamente o Portugal de hoxe, senón tamén unha gran porción de España, e de aí o nome sinónimo para a nación portuguesa.
Reis suevos de Gallaecia
editarOrdre | Estatua/Retrato | Nome | Títulos | Reinado | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1 | Ataúlfo (¿372? – †415) |
Rei visigodo de Tolosa | 410 - 415 | Ataúlfo (en gótico: Athal Wolf (lobo nobre), fillo de Atanarico II, da dinastía baltinga, foi nomeado rei ao estilo xermano (sobre a tumba do seu antecesor) á morte do seu curmán e cuñado Alarico I.
Foi o primeiro rei visigodo que puxo pé en terra hispana. | |
2 | Walia (¿? – †418) |
Rei visigodo de Tolosa | 415 - 418 | É o fillo de Modaharius, un nobre visigodo de alta liñaxe quizais vinculado á familia sagrada dos Balthes, algunhas fontes fano irmán de Ataulfo.
Walia casou cunha nobre pertencendo á prestixiosa familia resultante directamente, segundo a tradición gótica, do Deus Gaut. | |
3 | Eurico (¿? – †484) |
Rei visigodo de Tolosa | 466 - 484 | Foi un rei que demostrou un gran talento político e por outra banda un fanático defensor do Arianismo. Publicou un corpo legal de dereito visigodo, o Codex Euricianus ou Código de Eurico.
. | |
4 | Alarico II (¿? – †484) |
Rei visigodo de Tolosa | 484 - 507 | Morreu na batalla de Vouillé en 507, que enfrontou os visigodos coas tropas do rei franco Clodoveo I. A derrota dos visigodos nesta batalla marca a desaparición do reino de Tolosa, pois as posesións galas, excepto a Narbonense, perdéronse. |
Ordre | Estatua/Retrato | Nome | Títulos | Reinado | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1 | Xesaleico (¿? – †511) |
Rei visigodo de Toledo | 507 - 511 | ????.. | |
2 | Amalarico (¿? – †531) |
Rei visigodo de Toledo | 511 - 531 | Reinou 15 anos baixo a rexencia de Teodorico o Grande 511-526. | |
3 | Teudis (¿? – †548) |
Rei visigodo de Toledo | 531 - 548 | Décimo terceiro rei dos visigodos (godos), foi elixido no ano 531, reinou 16 anos e 5 meses e morreu en marzo do 548. | |
4 | Teudiselo (¿? – †549) |
Rei visigodo de Toledo | 548 - 549 | ????. | |
5 | Axila I (¿? – †551) |
Rei visigodo de Toledo | 549 - 551 | ????. | |
6 | Atanaxildo (¿? – †567) |
Rei visigodo de Toledo | 551 - 567 | No ano 554, todos os visigodos recoñecerían a Atanaxildo como rei. Este estabelece logo a súa residencia en Toledo, onde tivo unha corte moi brillante; buscou alianzas cos francos, casando ás súas dúas fillas Galesuinta e Bruquilda con Chilpérico rei de Nestria e Sixeberto rei de Austrasia. Expulsou os Bizantinos dalgúns lugares da península e mostrou un notábel espírito de moderación e xustiza.
Atanaxildo e Akhila foron os primeiros reis visigodos independentes dos ostrogodos. | |
7 | Liuva I (¿? – †572) |
Rei visigodo de Toledo | 567 - 572 | Foi proclamado rei en Narbona. | |
8 | Leovixildo (¿? – †567) |
Rei visigodo de Toledo | 572 - 586 | Léovixildo unifica o reino, centraliza a administración, acuña moeda e funda cidades. Con todo, a súa política de unificación relixiosa non foi acertada. |
Ordre | Estatua/Retrato | Nome | Títulos | Reinado | Notas |
---|---|---|---|---|---|
9 | Recaredo (¿? – †601) |
Rei visigodo de Toledo | 586 - 601 | Recaredo segue a política de reorganización de Hispania do seu pai, mais invertendo os termos. Abxurou do arianismo no ano 587 e converteuse ao catolicismo, logo relixión da maioría dos visigodos. | |
10 | Liuva II (¿? – †603) |
Rei visigodo de Toledo | 601 - 603 | ???. | |
11 | Viterico (¿? – †610) |
Rei visigodo de Toledo | 603 - 610 | Viterico tomou o poder das tropas de Liuva II e despois de declarar a guerra aos bizantinos, sublevouse contra o monarca apoderándose del, cortoulle a man dereita para logo asasinalo (603).
En 610 sería asasinado nun banquete polos seus xefes da garda e os magnates. O pobo arrastrou o seu cadáver polas rúas de Toledo, e sepultouno ignominiosamente fóra das murallas da cidade. | |
12 | Gundemaro (¿? – †612 |
Rei visigodo de Toledo | 610 - 612 | ??? | |
13 | Sisebuto (¿? – †621) |
Rei visigodo de Toledo | 612 - 621 | En 617 Sisebuto decretou a obriga do bautismo para todos os xudeus. | |
14 | Recaredo II (¿? – †621) |
Rei visigodo de Toledo | 621 - 621 | Era fillo de Sisebuto e só reinou 30 días. Morreu probablemente envelenado. Ten a súa estatua na balaustrada do Palacio Real, cara á Praza de Oriente (Madrid). | |
15 | Suintila (¿? – †631) |
Rei visigodo de Toledo | 621 - 631 | ????. | |
16 | Sisenando (¿? – †636) |
Rei visigodo de Toledo | 631 - 636 | ????. | |
17 | Chintila (¿? – †639) |
Rei visigodo de Toledo | 636 - 639 | ????. | |
18 | Tulga (¿? – †642) |
Rei visigodo de Toledo | 639 - 642 | ????. | |
19 | Chindasvinto (¿? – †653) |
Rei visigodo de Toledo | 642 - 653 | ????. | |
20 | Recesvinto (¿? – †672) |
Rei visigodo de Toledo | 653 - 672 | ????. | |
21 | Vamba (¿? – †680) |
Rei visigodo de Toledo | 672 - 680 | Convocou o IX Concilio de Toledo do ano 675 no cal se ditaron medidas para corrixiren os abusos e vicios eclesiásticos. Crese que o metropolitano de Toledo chamado Julián interveu en conxuras que acabaron co poder do rei.
Vamba foi enganado e narcotizado e unha vez nese estado, foi tonsurado, vestírono con hábito de monxe e obrigárono a renunciar á coroa. | |
22 | Ervixio (¿? - †687) |
Rei visigodo de Toledo | 680-687 | Ervixio creou no ano 680 o Ducado de Cantabria para garantir a paz no norte da península dando autonomía a ese territorio, tiña a súa capital en Amaya, cerca da actual Alar del Rey entre Palencia e Burgos. | |
23 | Éxica (¿? – †700) |
Rei visigodo de Toledo | 687 - 700 | O 15 de novembro de 700, Éxica nomeou sucesor ao seu fillo Vitiza, a quen se lle confiou o goberno de Galiza. | |
24 | Vitiza (¿? – †710) |
Rei visigodo de Toledo | 700 - 710 | Vitiza era gobernador de Galiza cando foi nomeado Rei sucedendo a seu pai, o cal xa estivera asociado ao trono durante 5 anos. | |
25 | Rodrigo (¿? – †711) |
Rei visigodo de Toledo Don Rodrigo foi antes de rei duque da Bética |
710 - 711 | Elixido Rei polos nobres en contra dos desexos da viúva de Vitiza, que tentou que fose o seu fillo maior Olmundo o elixido; estalou entón a guerra civil e Rodrigo conseguiu dominar a maior parte do territorio, excepto Cataluña e a Septimania, onde gobernaba Akhila II.
Após o desembarco dos musulmáns de África do Norte en abril 711, ten lugar a finais de xullo a batalla de Guadalete, que resulta cunha derrota das tropas visigodas e coa desaparición do rei Don Rodrigo. |
Monarcas do reino de Asturias
editar-
*Paio ou Don Paio, 1° rei de Asturias (718-737).
-
*Afonso I, o Católico, 3° rei de Asturias (739-757).
-
Froila I, 4° rei de Asturias (757-768).
-
Aurelio, 5° rei de Asturias (768-774). Tamén foi rei de León.
-
*Afonso II, o Casto , 9° rei de Asturias (791-842).
-
*Ramiro I, 10° rei de Asturias (842-850).
-
*Ordoño I, 11° rei de Asturias (850-866).
-
*Afonso III o Magno, 12° rei de Asturias (866-910).
Monarcas Asturo-leoneses
editar-
*García I, fillo primoxénito de Afonso III, herdou o reino de León (910-914).
-
*Ordoño II, rei de León (914-924), 2° fillo de Afonso III, tamén foi rei de Galiza (910-924).
-
*Ramiro II, rei de León (930-950).
-
*Afonso V, rei de León (999-1028).
-
*Fernando I, O Magno (1037-1065).
-
*Sancha, raíña de León, foi rexente de Castela (1013 †1067).
-
*Fernán González, 1° conde dunha Castela independente (930-970).
-
García Fernández, 2° conde de Castela (970-995).
-
*Afonso VI de Castela e de León, o Bravo (1072-1109).
-
*Urraca, raíña de León e Castela (1109 †1126).
-
*Afonso VIII de Castela e de León, o Bo ou o das Navas (1158-1214).
-
*Berenguela ou Berengaria, raíña de iure de Castela (1214-1217).
-
*Fernando III o Santo, rei de Castela (1117-1252) e de León (1230-1252).
-
Fernando III o Santo, rei de Castela, estatua ecuestre, atópase en Sevilla.
-
*Afonso X o Sabio, rei de Castela e de León (1252-1284).
-
Afonso X o Sabio, rei de Castela e de León (1252-1284). Esta estatua en pedra atópase na Biblioteca Nacional (Madrid).
-
*Fernando IV o Emprazado, rei de Castela e de León (1295-1312).
-
Pedro I o Cruel ou o Xusticeiro, rei de Castela e de León (1350-1369).
-
*Isabel a Católica raíña de Castela e León, (1474-1504).
-
Isabel a Católica, atópase nos Xardíns de Sabatini do Palacio Real de Madrid.
-
*Fernando V de Castela (II de Aragón) o Católico, rei de Castela xunto con Isabel logo rexente trala súa morte (1474-1516).
-
Fernando o Católico, atópase nos Xardíns de Sabatini do Palacio Real de Madrid.
-
Xoana I alcumada a Tola raíña de Castela (1504-1555) e de Aragón (1516-1555), é considerada a primeira raíña de España.
Monarcas do Condado catalán e do reino de Aragón
editar-
*Wifredo I o Velloso, 1° Conde de Barcelona (874-898).
-
Ramón Berenguer III O Grande, Conde de Barcelona e Xirona (1082-1131), atópase en Barcelona.
-
*Ramón Berenguer IV O Santo, Conde de Barcelona (1131-1162) tamén rei de Aragón.
-
*Ramiro I de Aragón, rei de Aragón (1035-1063).
-
*Afonso I de Aragón o Batallador, rei de Aragón (1104-1134).
-
*Xaime I o Conquistador, rei de Aragón (1213-1276).
-
Xaime I de Aragón o Conquistador, (1213-1276), de Valencia, de Mallorca, Conde de Barcelona, e tamén Señor de Montpellier (1219-1276).
-
Os Reis Católicos (1474-1504). As dúas estatuas fundidas en bronce, atópanse na fachada da Universidade de Valencia.
Monarcas do reino de Navarra
editar-
Íñigo Aresta ou Eneko Aritza, 1° rei de Pamplona (Navarra) (810-852).
-
García Ramírez IV o Restaurador, rei de Navarra (1134-1150).
-
Filipe de Evreux, foi Filipe III rei de Navarra (1328-1343) ao casar con Xoana II raíña de Navarra.
Monarcas do reino de Portugal
editar-
Afonso I Henriques, proclamado rei en Guimarães (1109-1185). Estatua do monarca en bronce.
-
Sancho I, segundo rei de Portugal.
Monarcas do reino de España
editar-
*Carlos I rei de España (1516-1556) é tamén emperador de Alemaña (1520-1556), co o nome de Carlos Quinto.
-
*Filipe II o Prudente, rei de España e tamén rei de Portugal (1556-1598).
-
Filipe III O Piadoso, rei de España, tamén rei de Portugal (1598-1621).
-
Filipe IV, rei de España e tamén rei de Portugal (1621-1665). Estatua en bronce, atópase no Vaticano.
-
Filipe IV rei de España e de Portugal (1621-1665). Estatua ecuestre en bronce atópase na Praza de Oriente, Madrid.
-
*Carlos II o Infantizado rei de España (1665-1700). Derradeiro da dinastía dos Austrias en España.
-
Filipe V de Borbón, rei de España (1700-1746).
-
Carlos III rei de España (1759-1788), estatua fundida en bronce en 1966, atópase nos Xardíns de Sabatini.
-
Carlos III rei de España (1759-1788), ecuestre en bronce. Puerta del Sol (Madrid).
-
María Francisca de Braganza e Borbón, infanta de Portugal, raíña consorte de España (1816-1818), estatua en mármore, atópase no Museo do Prado.
-
Isabel II (1833-1868), estatua en bronce. Praza de Isabel II (Madrid).
-
Afonso XII o Pacificador, rei de España (1874-1885), estatua en bronce, atópase en Aranjuez.
Notas
editar- ↑ "La danza de las estatuas", reportaxe de Rafael Fraguas en El País, 18 de setembro de 2006 (en castelán).