Nayarit
Nayarit, oficialmente Estado Libre e Soberano de Nayarit, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. Divídese en 20 concellos e a súa capital é a cidade de Tepic.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México ![]() | ||||
Capital | Tepic ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Acaponeta Municipality (en) ![]() Ahuacatlán (pt) ![]() Amatlán de Cañas (pt) ![]() Bahía de Banderas (pt) ![]() Compostela El Nayar (pt) ![]() Huajicori (pt) ![]() Ixtlán del Río (pt) ![]() Jala (pt) ![]() La Yesca (pt) ![]() Rosamorada (pt) ![]() Ruiz (pt) ![]() San Blas (en) ![]() San Pedro Lagunillas (pt) ![]() Santa María del Oro (pt) ![]() Santiago Ixcuintla Tecuala (pt) ![]() Tuxpan (pt) ![]() Xalisco (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.223.797 (2015) ![]() | ||||
Lingua usada | El Nayar Cora (en) ![]() Santa Teresa Cora (en) ![]() Lingua huichol Southwestern Tepehuan (en) ![]() Western Durango Nahuatl (en) ![]() Southeastern Tepehuán (en) ![]() Eastern Durango Nahuatl (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 27.857 km² ![]() | ||||
Altitude | 278 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de maio de 1917 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Gobernador ![]() | Antonio Echevarría García ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Congreso de Nayarit Circunscrición: 18, (Escano: 30) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 63 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MX-NAY ![]() | ||||
Sitio web | nayarit.gob.mx ![]() | ||||
![]() |
Limita cos estados de Sinaloa polo noroeste, Durango polo norte, Zacatecas polo nordeste e Xalisco polo sur. No oeste, Nayarit ten a costa do océano Pacífico, incluíndo as illas Marías e Marietas. As praias de San Blas e a chamada "Riviera Nayarit" son populares entre os turistas.Ademais do turismo, a economía do estado baséase principalmente na agricultura e na pesca. Tamén é un dos dous estados onde se atopa a especie de tarántula Brachypelma klaasi, sendo o outro Xalisco.
Nayarit é o fogar dos pobos indíxenas uto-aztecas como os huichol e os cora, e a rexión foi visitada polos conquistadores Hernán Cortés e Nuño de Guzmán no século XVI. Porén, o dominio español dificultouse polas rebelións indíxenas e polo terreo inhóspito da Serra do Nayar. As últimas comunidades independentes de cora foron sometidas en 1722. O nome do estado é o termo que o pobo cora se aplicaba a si mesmo: Náayerite, en conmemoración de Nayar, líder da resistencia.[1]
Notas
editar- ↑ "El Nayar". Enciclopedia de los Municipios de México. Arquivado dende o orixinal o 2007-05-02. Consultado o 2007-08-07.