Estado burocrático-autoritario
O Estado burocrático-autoritario (EBA) é un tipo de Estado que se caracteriza por anular os mecanismos políticos e democráticos co fin de restablecer unha determinada orde social e económica anterior que resultara alterada por unha considerable organización autónoma da poboación e en especial dos traballadores.
O concepto foi formulado polo politicólogo arxentino Guillermo O'Donnell en 1982 a partir da análise das ditaduras militares instaladas no Brasil (1964), na Arxentina (1966 e 1976), Chile (1973) e o Uruguai (1975).
Características do EBA
editarUnha das características do EBA é a crítica e desprazamento da " clase política" tradicional e a súa substitución por unha nova.
As Forzas Armadas cumpren un rol fundamental na conformación dos EBA, reestruturando o Estado con criterios militares. Oscar Oszlak sostén que:
El carácter tecnoburocrático de estos regímenes se manifiesta en una orientación eficientista que impregna el estilo dominante de gestión estatal. Una manifestación de ello es el fuerte énfasis otorgado a los programas de racionalización y organización del sector público.[1]
Crise política e aparición do EBA
editarO'Donnell propón unha análise da natureza profunda do Estado, máis aló do seu aspecto institucional. Para O'Donnell o Estado é o aspecto coactivo das relacións de produción, cuxo fin é garantir a vixencia e reprodución das mesmas.
A partir dese concepto do Estado, O'Donnell propón prestar atención aos procesos de crises políticas, ou crises do Estado, identificando cinco tipos básicos de crises, e dous adicionais de agudización:
- Inestabilidade política (nivel 1). Cambios de funcionarios, ata de presidentes, debido a conflitos políticos. É unha crise de goberno.
- Crise de réxime (nivel 2). Aquí exponse cambios nos mecanismos de representación e canles de acceso ao poder. Implica grandes desacordos entre grupos sociais.
- Crise de interpelación a novos suxeitos sociais (nivel 3). Este tipo de crise leva a transformar o Estado para facelo máis representativo e moderno, pero ao mesmo tempo xera gran inquietude nos grupos de poder establecidos.
- Crise de acumulación (nivel 4). Prodúcese cando os beneficios obtidos polas clases traballadoras e medias reduza a acumulación de capital ata o punto de ser considerado polas empresas e sectores de clase alta como unha ameaza. Nestes casos a crise preséntase tamén como crise económica e aparece a idea de que hai que "pór no seu lugar" ás clases traballadoras e medias.
- Crise de dominación social ou nuclear (nivel 5). É o tipo de crise máis profunda, porque entra en crise o fundamento mesmo da organización social e as pautas das relacións de autoridade e os roles de cada grupo no sistema de produción. Esta crise é unha crise completa do rol do Estado.
Á súa vez a crise de dominación social pode presentarse e agudizarse con dous tipos adicionais de crises:
- Crise global, chamada por O'Donnell "plano 6". A crise de dominación preséntase tamén como crise de goberno, réxime, expansión e acumulación. Este tipo de crise abre a posibilidade de "novos criterios de representación e novos suxeitos políticos dominantes para a instauración dunha nova orde social, non xa a recomposición do dado".
- Crise armada "plano 7". Cando os intentos de cambios intentan realizarse mediante o uso da violencia armada.
Os diferentes tipos de crises poden presentarse con diferentes graos de intensidade e combinadas unhas con outras.
Segundo O'Donnell o Estado burocrático-autoritario aparece cando existe unha crise de dominación (nivel 5) e o seu obxectivo é pór no seu lugar aos grupos sociais que cuestionaron a orde establecida, mediante o uso da coacción nun contexto no que están ausentes os mecanismos democráticos.
Notas
editar- ↑ Oscar Oszlak: Políticas publicas y regímenes políticos: reflexiones a partir de algunas experiencias latinoamericanas, Estudios CEDES, Vol. 3, N°2, 1980
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- O'Donnell, Guillermo (1982). El Estado Burocrático Autoritario. Bos Aires: Editorial de Belgrano. ISBN 950-07-0939-2.