Estadio Municipal Nuevo Matapiñonera
O Estadio Municipal Nuevo Matapiñonera é un estadio de fútbol da cidade de San Sebastián de los Reyes, na Comunidade de Madrid, España, onde xoga os seus partidos como local a Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes.
Nuevo Matapiñonera | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°32′46″N 3°36′58″O / 40.546017644489, -3.6160184 |
Localización | San Sebastián de los Reyes, España |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 3.000 |
Propietario | Concello de San Sebastián de los Reyes |
Localía | UD San Sebastián de los Reyes |
[ editar datos en Wikidata ] |
O primeiro campo do equipo foi o Campo de Deportes da UD San Sebastián de los Reyes, máis coñecido como Matapiñoneras, e o novo estadio ocupa a localización do anterior xa que este foi demolido por completo cando se desenvolveu a zona comercial contigua ao estadio.