Estación do Carril
estación de ferrocarril no Carril (Vilagarcía de Arousa)
O Carril foi unha estación, posteriormente reconvertida en apeadoiro, de RENFE no lugar do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Carril | |
---|---|
![]() Estación do Carril | |
Situación | Vilagarcía de Arousa |
Coordenadas | 42°36′29″N 8°46′02″O / 42.608055555556, -8.7672222222222{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/3/38/Sociedad_del_Ferro-Carril_Compostelano_de_la_Infanta_Do%C3%B1a_Isabel%2C_1863.jpg/220px-Sociedad_del_Ferro-Carril_Compostelano_de_la_Infanta_Do%C3%B1a_Isabel%2C_1863.jpg)
Historia
editarO primeiro ferrocarril de Galicia foi inaugurado entre esta estación e Cornes (Conxo), o 15 de setembro de 1873. Na actualidade, consérvase o predio de viaxeiros, rehabilitado como museo do ferrocarril [1] en 2006.
O 1 de novembro de 1992 fecharon os talleres de material remolcado anexos, que tiñan as súas orixes canda os da estación e que foran recuperados nos tempos da Guerra Civil española.[2]
Notas
editar- ↑ "Carril e o ferrocarril". www.patrimoniovilagarcia.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-12.
- ↑ Susana Luaña (2013-10-27). "El maná de los talleres de Renfe". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-16.