Estación de esquí Tavascan
Tavascan, tamén coñecida como Tavascan Pleta del Prat, é unha estación de esquí do Pireneo Catalán, situada na comarca do Pallars Sobirà, na provincia de Lleida. Atópase no termo municipal de Lladorre, xunto á localidade de Tavascan.
Tipo | Estación de esquí | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Lladorre, España | |||
Localización | Tavascan | |||
| ||||
Cordilleira | Pireneos | |||
Características | ||||
Altitude | punto máis baixo: 1.710 m punto máis alto: 2.560 m | |||
Estación de esquí | ||||
Remonte | 3 | |||
Pista de esquí alpino | 7 (4,5 km) 2 1 2 2 | |||
Pista de esquí de fondo | 6 (12,6 km) 3 1 2 | |||
Sitio web | tavascan.net | |||
Inaugurouse en 1991. É unha estación mixta cunha área de esquí alpino e outra de esquí de fondo. A área alpina ten cinco pistas, cun telecadeira bipraza de 500 metros de desnivel. A área nórdica dispón de 17 km de circuítos marcados, entre as cotas 1.750 e 2.100 metros.