Estación de autobuses de Pontevedra
A Estación de Autobuses de Pontevedra é unha estación de autobuses na cidade de Pontevedra que permite o tráfico de autobuses interurbanos, con destinos nacionais ou internacionais.
Estación de autobuses de Pontevedra | |
---|---|
![]() Fachada oeste da estación | |
Situación | Avenida da Estación, 10 36003 Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′16″N 8°38′14″O / 42.421027777778, -8.6373055555556{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Servizos | accesos adaptados aparcadoiro ascensores aseos carril kiss and ride cafetería información venda de billetes |
Intermodalidade | |
![]() | Liña urbana 1 (vermella) Liña urbana 2 (azul)[1] |
Outros | Taxi Tren |
Localización
editarA estación de autobuses de Pontevedra está situada na zona sur da cidade, na Avenida da Estación, fronte á estación de ferrocarril, xunto ao río Gafos. Está a 400 metros da circunvalación PO-10 e preto da autoestrada AP-9.
Historia
editarDesde os anos da posguerra, na década de 1940, Pontevedra viña demandando unha estación de autobuses para centralizar o transporte de viaxeiros en autocar, de acordo coa súa condición de capital de provincia. Tras moitas xestións en Madrid, Calixto González-Posada Rodríguez foi o primeiro alcalde da cidade en anunciar a construción da estación. Con todo, o compromiso do goberno español coa súa construción non se materializou, nin nos anos 40 nin nas décadas seguintes.[2]
A falta de estación de autobuses, os autobuses que chegaban a Pontevedra paraban en varias rúas céntricas da cidade como Gutiérrez Mellado (antiga Xeneral Mola), Pastor Díaz, Benito Corbal, Sagasta, Cobián Roffignac, García Camba e a praza de San Xosé.[3]
Finalmente, tras cuestionarse a elección da súa localización pola súa relativa distancia do centro da cidade, a estación de autobuses de Pontevedra construíuse nun terreo fronte á estación de ferrocarril, no seu lado oeste, preto do río Gafos. O enxeñeiro encargado da obra foi o señor Moreno de la Casa. As obras de construción empezaron en decembro de 1976 e duraron dous anos. A estación de autobuses foi inaugurada polo alcalde de Pontevedra Joaquín Queizán Taboada o 4 de decembro de 1978.[4] Con todo, a estación non entrou en funcionamento ata o 24 de novembro de 1980, con dúas plantas, escaleiras mecánicas e varios establecementos comerciais no seu interior. En 2015, as escaleiras mecánicas foron eliminadas e substituídas por dous ascensores con capacidade para 13 persoas cada un.[5][6]
O 13 de xaneiro de 2020, a Xunta de Galicia iniciou a gran reforma da estación de autobuses, cun orzamento de 6 millóns de euros. A fachada, o interior e os sistemas de información foron completamente renovados e recuperouse a cuberta orixinal do edificio, favorecendo un interior luminoso.[7] Tamén se renovaron as dársenas, elimináronse os carrís dos dous accesos rodados que había a ambos os dous lados da fachada principal da estación e construíuse un novo acceso rodado no lado suroeste cara á avenida Josefina Arruti. Ademais, construíuse unha praza peonil fronte á estación e unha nova conexión peonil no lado este coa estación de ferrocarril para fomentar o transporte intermodal de pasaxeiros e recuperouse e axardinouse a zona do río Gafos.[8][9][10]
O novo acceso á estación polo sur entrou en funcionamento o 1 de setembro de 2021.[11] As obras de reforma da estación finalizaron en novembro de 2022.[12][13]
Descrición
editarO edificio da estación de autobuses de Pontevedra ten dúas plantas. A planta superior é accesible desde a praza da Avenida da Estación, a través dunha ampla rampla apta para discapacitados ao longo da parte central da fachada[14] e de escaleiras nos laterais. Nesta planta atópase a entrada, un gran vestíbulo central, unha cafetería,[15][16] as oficinas de xestión e información, os aseos, un gran panel informativo frontal e os ascensores. A planta baixa dá acceso ás 18 dársenas de embarque, dispostas en batería, e conta cunha área de espera exterior.[17]
A fachada está composta por un revestimento branco de chapa de aceiro microperforada, que lle dá un aspecto unificado, e múltiples xanelas. O teito, fiel ao seu deseño orixinal, ofrece moita luz grazas aos múltiples lucernarios. No interior, o amplo vestíbulo da primeira planta benefíciase da luz natural e está dominado por texturas de madeira.[18][19]
Fronte á entrada principal da estación hai unha gran praza peonil pavimentada con árbores, en cuxo lado sur hai unha marquesiña que delimita unha ruta peonil que une a estación de autobuses coa de ferrocarril. Ao oeste da praza, hai unha zona de estacionamento e un carril kiss and ride para os usuarios que chegan á estación en coche ou moto.[20][21]
Servizos
editarA estación de autobuses de Pontevedra está servida por diversas liñas de autobuses. Pontevedra está conectada por autobús coa maioría das cidades de España e Galicia, así como co estranxeiro, incluído o aeroporto do Porto e Francia.
Galería
editar-
Lado oeste da estación de autobuses
-
Fachada traseira da estación
-
Fiestras da estación con vistas á estación de ferrocarril
-
Interior da estación
-
Praza da estación
-
Saída e entrada da estación de autobuses
-
Dársenas do lado este
-
Dársenas do lado oeste
-
Fachada oeste da estación
-
Aparcadoiro e carril kiss and ride
-
Un dos ascensores e escaleiras no interior
-
Praza da estación en fronte á rúa do Gorgullón
-
Ponte para a entrada e saída de autobuses
-
Varanda que pecha a praza con vistas ao río Gafos
-
Xanelas da estación de autobuses con vistas aos autocares
-
Entrada principal da estación de autobuses de Pontevedra
-
Cafetería da estación de autobuses
-
Unha das entradas ó vestíbulo central
-
Lucernarios orixinais no interior da estación
Notas
editar- ↑ "Las nuevas líneas de bus urbano en Pontevedra operarán de 7.15 a 22.30 horas de lunes a domingo". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 2021.
- ↑ "Cuando la ciudad era una estación de autobuses". Faro (en castelán). 30 de outubro de 2011.
- ↑ "Cuando la ciudad era una estación de autobuses". Faro (en castelán). 30 de outubro de 2011.
- ↑ "De Autobuses a Intermodal". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de decembro de 2022.
- ↑ "Cuando la ciudad era una estación de autobuses". Faro (en castelán). 30 de outubro de 2011.
- ↑ "La Xunta prevé rematar en febrero las obras de la estación de autobuses". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de decembro de 2014.
- ↑ "La estación intermodal de Pontevedra encara su recta final". Diario de Pontevedra. 19 de outubro de 2022.
- ↑ "Comienzan las obras de la estación de autobuses para abrir una intermodal en enero de 2021". Faro (en castelán). 14 de xaneiro de 2020.
- ↑ "La estación intermodal entrará en su etapa final con una inversión de 4,26 millones de euros para el próximo año". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 2020.
- ↑ "Las obras de remodelación de la estación de autobuses de Pontevedra, listas en mayo". Diario de Pontevedra (en castelán). 8 de marzo de 2021.
- ↑ "El nuevo acceso a la estación de buses permite destapar ya un tramo del Gafos". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 2021.
- ↑ "La nueva estación intermodal: seis millones de euros, más espaciosa, luminosa y accesible". Diario de Pontevedra (en castelán). 1 de abril de 2023.
- ↑ "Infraestruturas da por rematada la reforma de la estación del bus de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 2023.
- ↑ "Pontevedra estrena su nueva Estación de Autobús, en la que se han invertido 6,5 millones". El Español (en castelán). 1 de abril de 2023.
- ↑ "La cafetería de la estación de autobuses de Pontevedra reabrirá en marzo". Diario de Pontevedra (en castelán). 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "La cafetería de la estación de buses reabre con nueva imagen y otro nombre: Feroz". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de maio de 2023.
- ↑ "La nueva estación de bus, antes del Xacobeo". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de xullo de 2019.
- ↑ "Finales de junio, fecha de remate de las obras de la estación de buses". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2022.
- ↑ "La nueva estación de bus, antes del Xacobeo". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de xullo de 2019.
- ↑ "Finales de junio, fecha de remate de las obras de la estación de buses". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2022.
- ↑ "Vía libre a las obras en la estación de autobuses". Diario de Pontevedra (en castelán). 26 de outubro de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de autobuses de Pontevedra |