Estación de Vilar de Barrio
Vilar de Barrio é unha estación de tren de Adif situada na vila de Vilar de Barrio, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Vilar de Barrio | |
---|---|
![]() Vista da estación | |
Situación | Vilar de Barrio |
Coordenadas | 42°09′48″N 7°35′55″O / 42.1633, -7.59861{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/07/Estaci%C3%B3n_de_Vilar_de_Barrio_interior.jpg/220px-Estaci%C3%B3n_de_Vilar_de_Barrio_interior.jpg)
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 203,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 705 metros de altitude,[1] entre as estacións da Alberguería-Prado e Baños de Molgas. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
editarA vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]
A estación
editarO edificio de viaxeiros é unha estrutura realizada en pedra. Posúe dous pisos e unha galería na planta baixa formada por cinco arcos. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana
- ↑ Dez estacións entre Ourense e Sanabria quedan sen tren desde o domingo