Estación de Pumares

estación de ferrocarril en Pumares, Carballeda de Valdeorras

Pumares é un apeadoiro de Adif, situado en Pumares, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.

Pumares
SituaciónCarballeda de Valdeorras
Coordenadas42°24′16″N 6°51′33″O / 42.4045, -6.8590833333333{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina

Situación ferroviaria

editar

Está situada no punto quilométrico 285,9 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 368 metros de altitude,[1] entre as estacións de Sobradelo e Quereño. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

editar

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

editar

Sitúase ao sur da localidade xunto ao río Sil. O seu edificio para viaxeiros é un simple refuxio. Posúe unha única plataforma lateral á que accede a vía principal.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar