Estación de Ponte Ambía
Ponte Ambía foi un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Ponte Ambía, no concello de Baños de Molgas, provincia de Ourense. Deixou de ter servizos ferroviarios tras o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra en xuño de 2013 debido aos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno. O apeadoiro derrubouse tras a construción da vía de alta velocidade.
Ponte Ambía | |
---|---|
Situación | Baños de Molgas |
Situación ferroviaria
editarA estación atopábase na liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña,[1] entre as estacións de Baños de Molgas e Paderne-Cantoña.
Historia
editarA vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
O 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora pasou a explotar a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias. Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]
A estación
editarEra un simple apeadoiro composto por unha única plataforma na que se atopaba un pequeno refuxio. Carecía de calquera outro servizo ou infraestrutura.
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana
- ↑ Dez estacións entre Ourense e Sanabria quedan sen tren desde o domingo