Estación de Pedrelo-Céltigos
Pedrelo-Céltigos é un apeadoiro de Adif, situado no lugar de Céltigos, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Pedrelo-Céltigos | |
---|---|
![]() Apeadoiro de Pedrelo Céltigos | |
Situación | Sarria |
Coordenadas | 42°49′58″N 7°23′36″O / 42.8329, -7.39335{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Liñas | |
Media distancia | MD |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 402,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións da Pobra de San Xiao e de Sarria. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
editarAínda que se atopa no tramo Sarria-Lugo da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña aberto ao tráfico o 2 de agosto de 1878 polo Estado[2], non se dispuxo de ningunha estación nesta zona. A súa construción é moi posterior e vai unida a unha zona industrial dedicada ao embotellamento de auga mineral propiedade da empresa Fontecelta.
A estación
editarAs instalacións limítanse a un pequeno refuxio dotado de zonas de asento. Polo apeadoiro só cruza a vía principal á que se accede grazas a unha plataforma lateral.
Servizos ferroviarios
editarMedia distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles