Estación de Catoira
Catoira é unha estación de Adif situado na vila de Catoira, na provincia de Pontevedra. Ten varios servizos Rexionais diarios operados por Renfe Media Distancia.
Catoira | |
---|---|
![]() Estación de Catoira. Predio de viaxeiros. | |
Situación | Catoira |
Liñas | |
Media distancia | Rexional |
Situación ferroviaria
editarAtópase no punto quilométrico 59,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Vilagarcía de Arousa coa Bifurcación de Angueira, que historicamente formou parte da liña de Redondela a Santiago de Compostela; a 6 metros de altitude[1], entre as estacións de Vilagarcía de Arousa e Pontecesures.
Historia
editarA chegada do ferrocarril a Catoira vai unida á primeira liña férrea posta en funcionamento en Galicia que unía Cornes co Carril e que se prolongaría pouco despois ata Pontevedra. Inaugurouse a estación o 15 de setembro de 1873 por parte da The West Galicia Railway Company empresa británica que lograra a concesión da liña en 1866 tras comprar a compañía do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel.[2] En 1928, MZOV absorbeu a compañía inglesa para ser á súa vez absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste un ano despois. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España integrou todas as compañías existente na recentemente creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
editarMedia distancia
editarActualizado a 23 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
1 | MD | A Coruña Santiago de Compostela |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
editar- ↑ Red ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ "Santiago a Carril e Pontevedra , (The West Galicia Railway Company Limited)". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-09-03.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información na web de Adif Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.