Estación de Barra de Miño
Barra de Miño é unha estación de tren de Adif situada en Barra de Miño, no concello de Coles, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.
Barra de Miño | |
---|---|
Estación de Barra de Miño. | |
Situación | Coles |
Coordenadas | 42°24′04″N 7°48′10″O / 42.401083333333, -7.8026388888889{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Liñas | |
Media distancia | Rexional Exprés |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 36,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 118 metros de altitude, entre as estacións dos Peares e Ourense-Empalme.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
editarA estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarEstá situada a beiras do río Miño. O seu edificio para viaxeiros conserva o seu deseño orixinal. É de base rectangular, dúas alturas e está recuberta por un tellado de catro vertentes. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios
editarMedia distancia
editarActualizado a 14 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.