Estación de Bóveda
estación de ferrocarril en Bóveda
A estación de Bóveda foi unha estación do concello lugués de Bóveda. Foi destruída o 10 de febreiro de 1977 cando un tren entrou nunha vía morta e se estrelou contra o edificio.[1] Contribuíu ademais a que deixase de funcionar o escaso número de pasaxeiros que tiña e o preto que estaba da estación de Rubián, onde vai o tráfico de mercadorías.
Bóveda | |
---|---|
![]() | |
Situación | Bóveda |
Coordenadas | 42°37′21″N 7°29′12″O / 42.6225, -7.4866666666667 |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/2/2e/Antigo_almac%C3%A9n_do_ferrocarril_en_1998_-_panoramio.jpg/220px-Antigo_almac%C3%A9n_do_ferrocarril_en_1998_-_panoramio.jpg)
Estaba situada na liña que une León e A Coruña, entre as estacións de Monforte de Lemos e Rubián. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Notas
editar- ↑ "Nueve heridos al estrellarse el expreso Irún-La Coruña en una estación de Lugo". ABC. 11 de febreiro de 1977.