Esporocarpo (fentos)
En botánica reciben o nome de esporocarpo certos receptáculos globosos ou reniformes que presentan os fentos da orde das salviniais ou hidropteridais.[1]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Ciclo_de_vida_de_los_helechos_y_afines_%28Pteridophyta%29_-_esporofito_ra%C3%ADz_tallo_hojas%2C_esporangio_espora_gametofito.svg/250px-Ciclo_de_vida_de_los_helechos_y_afines_%28Pteridophyta%29_-_esporofito_ra%C3%ADz_tallo_hojas%2C_esporangio_espora_gametofito.svg.png)
Etimoloxía
editarO termo está formado pola unión dos elementos esporo- e -carpo, ambos tirados do grego antigo. O primeiro deriva de σπόρος sopóros, "semente", e o segundo de καρπός karpós, "froito". O termo fai alusión a un "froito esporóforo" (que procede dunha espora, non seminífero, é dicir, non dunha semente).[1]
Estrutura
editarO esporocarpo está constituído por unha cuberta que, nuns casos, representa un lóbulo foliar transformado e, noutros, é homóloga a un indusio dentro da cal contén un ou varios soros. Nas marsileáceas, que presentan esporocarpos do primeiro tipo, cada un destes contén dous ou máis soros e macro e microsporanxios; está divididoen compartimentos e sustentado por un pedículo máis ou menoss longo que xorde da base dunha folla (fronde). Nas salviniáceas o esporocarpo non encerra máis que un soro, e este componse só de macro e micosporanxios; neste caso, como é natural, é unilocular. Os escporocarpos ábrense ao maduraren.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Font Quer 1993, p. 416.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3.