Escudo de Kosovo
O escudo de Kosovo foi adoptado polos organismos transitorios de goberno de dito territorio xunto coa declaración de independencia do país, proclamada o 17 de febreiro de 2008.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/d7/Emblem_of_the_Republic_of_Kosovo.svg/200px-Emblem_of_the_Republic_of_Kosovo.svg.png)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/ec/Coat_of_arms_of_the_PISG_of_Kosovo.svg/120px-Coat_of_arms_of_the_PISG_of_Kosovo.svg.png)
O escudo é unha versión modificada da bandeira de Kosovo adoptada nesa mesma data, e está composto por un escudo de fondo azul e bordo dourado, sobre o cal se sitúa un mapa de Kosovo en cor amarela e seis estrelas brancas de cinco puntas sobre este, que representan respectivamente a cada un dos pobos que habitan o territorio de Kosovo: albanés, bosníaco, goraní, romanés, serbio e turco.
Escudo do Goberno Transitorio
editarA Administración das Nacións Unidas para Kosovo (UNMIK) aprobou o deseño dun logotipo para as Institucións Provisionais de Autogoberno (IPAG) de dito territorio, o cal non era en si un escudo de armas pero tiña o mesmo uso que este.