Escudo de Armenia
O Escudo de Armenia (en armenio: Հայաստանի Զինանշան, Hayastani Zinanshan) consiste nunha aguia e nun león que soportan un escudo. O escudo de armas mestura novos e vellos símbolos. A aguia e o león son vellos símbolos armenios que datan dos primeiros reinos armenios que existiron antes de Cristo.
Escudo de Armenia | |
---|---|
![]() | |
Detalles | |
Armiger | Armenia |
Adoptado | 19 de abril de 1992 |
Alicerce | Á esquerda, unha aguia de ouro, á dereita, un león de ouro |
O escudo actual foi adoptado o 19 de abril de 1992 por decisión do Consello Superior Armenio.
Escudos históricos
editar-
Escudo da República Democrática de Armenia (1918-1922)
-
Emblema da República Federal Socialista Soviética de Transcaucasia (1922-1936)
-
Emblema da República Socialista Soviética de Armenia (1936-1991)