Esclerocio
termo micolóxico
Un esclerocio[1] é unha masa compacta de micelio endurecido que contén reservas alimenticias. Un papel dos esclerocios é sobrevivir en períodos ambientais extremos. Nalgúns fungos superiores como Claviceps, os esclerocios despréndense e fican en dormencia até se daren as condicións favorábeis para o desenvolvemento dun novo micelio. Outros fungos que producen esclerocios son patóxenos nas colleitas de colza. Estes fungos adoitan ser controlados co uso de funxicidas e a rotación de culturas.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/97/Ergot01.jpg/220px-Ergot01.jpg)
Sclerotinia sclerotiorum é outro fungo produtor de esclerocios que pode producir importantes doenzas en cultivos de pataca, feixón, leituga, tomate, aipo, coliflor e repolo.