Escano (mobiliario)
banco con respaldo que pode ter almacenaxe ou mesa propia
Un escano[1] é un banco con respaldo, normalmente feito solidamente de madeira de carballo ou de castiñeiro.[2] O asento, ás veces, consiste nunha tampa ou unha caixa que serve de almacenaxe, ou nalgúns atopados en pallozas de galiñeiro.[2] Tamén poden contar cunha táboa móbil que serve como mesa propia.[1]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/04/Escano_no_castelo_de_Castro_Caldelas.jpg/300px-Escano_no_castelo_de_Castro_Caldelas.jpg)
Galería
editar-
Escano con mesa pregada
-
Escano con mesa despregada