Ernesto Padín Lorenzo
Ernesto Padín Lorenzo, nado en Redondela o 13 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 19 de abril de 1970, foi un escritor e xornalista galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1877 ![]() Redondela, España ![]() |
Morte | 19 de abril de 1970 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarProcurador, foi secretario particular do deputado a Cortes por Redondela Francisco de Federico Martínez e xefe de administración do Ministerio de Facenda en Madrid. Foi redactor do diario Mundo e da revista Semana Financiera e colaborou en El Noticiero Español (Pará-Brasil), El Heraldo de Baena (Madrid), Gente Novel (Madrid), El Pueblo, La Revista Popular e El Soplete. Publicou en 1932 Amores e dolores. Poesías gallegas con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Tiña preparado outro poemario en castelán, Flores y abrojos, do que se publicaron algúns poemas en periódicos. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Obras
editar- Amores e dolores. Poesías gallegas, 1932.
Vida persoal
editarCasou con María Muñoz de la Espada Moya.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Ligazóns externas
editar- Anecdotario redondelán. Literatura e Xornalismo. Arquivado 09 de abril de 2016 en Wayback Machine.