Eric Kendall Hayes, nado o 26 de febreiro de 1987 en Woodbridge, Virxinia, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou entre outros para o Club Baloncesto Breogán e Klaipėdos Neptūnas. Cunha altura de 1,93 metros xoga tanto de base como de escolta. Actualmente tras formar parte do equipo técnico de baloncesto da Universidade de Maryland firma co Fuerza Regia mexicano.

Modelo:BiografíaEric Hayes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Club Baloncesto Breogán

Despois de rematar a súa etapa na NCAA na Universidade de Maryland en 2010, foi invitado polos Washington Wizards para participar nun campamento de adestramento durante o verán. Na súa derradeira tempada na liga universitaria estadounidense finalizou cunha gran porcentaxe en tiros de tres puntos (45,4%), de tiros libres superou o (87%) e de lanzamentos de dous puntos (60%). Foi ademais o gañador do concurso de triplas da liga.

Traxectoria

editar

Instituto

editar

Adrien acudiu ao Instituto Potomac en Maryland, onde fixo un rexistro de 100 partidos gañados e 9 perdidos (79 gañados e 3 perdidos nas tres últimas tempadas), guiando aos "Panthers" a unha tempada sen coñecer a derrota no seu ano "sénior" (22-0), aínda que finalmente saíron derrotados nas semifinais rexionais. Esa tempada foi nomeado en diversos quintetos ideais da competición por parte da prensa. Acabou a súa carreira de instituto con 1.698 puntos (21,3 por encontro).

Universidade

editar

Despois do instituto ingresou na universidade de Maryland, onde liderou ao equipo en asistencias, sendo ademais nomeado xogador con mellor porcentaxe de anotación tiros libres. Na súa última tempada na liga universitaria estadounidense finalizou cunha gran porcentaxe en tiros de tres puntos (45,4%), de tiros libres superou o (87%) e de lanzamentos de dous puntos (60%). Foi ademais o gañador do concurso de triplas da liga. Foi ademais o gañador do concurso de triplas da liga e levou ao seu equipo aos cuartos de final da NCAA. Posteriormente en 2010, despois de rematar na universidade, foi invitado polos Washington Wizards para participar nun campamento de adestramento durante o verán.

NBA e Europa

editar

Despois do verán Hayes decidiu xogar en Europa,[1] asinando co Club Baloncesto Breogán, sendo cortado a metade de tempada para asinar á Eric Hicks. De Lugo marcharía á Lituania, ao Klaipėdos Neptūnas, onde non xogaría moitos partidos. Tras estar un tempo sen xogar profesionalmente xogou na NBA D-League cos Canton Charge. Posteriormente anuncia deixa o baloncesto como xogador para pasar formar parte do staff técnico da Universidade de Maryland, aínda que en setembro de 2012 volve ás canchas para xogar no Fuerza Regia mexicano.

  1. "Un francotirador para o Breogán". El Progreso de Lugo (en castelán). 2010-08-10. Consultado o 2020-03-17. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar