Erebia euryale
Erebia euryale | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Erebia euryale | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A Erebia euryale é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae,[1]foi descrita por Esper en 1805.
Distribución
editarSerras de Europa dende o norte de España até os Balcáns, Urais e Península de Kanín. Na Península Ibérica atópase na Cordilleira Cantábrica e Pireneos.[2]
Hábitat
editarPrados alpinos húmidos, con herba abundante, a miúdo asociada a piñeirais; áreas abertas entre matogueira en barrancos rochosos, zonas herbosas por encima de bosques, de 1200-2000 metros.[3]
Plantas nutricias
editarA eiruga aliméntase de Anthoxanthum odoratum e Deschampsia cespitosa, Sesleria varia, Festuca ovina, Festuca rubra, Festuca alpina, Poa nemoralis e Carex flacca.[2]
Período de voo e hibernación
editarUnivoltina, unha xeración entre finais de xullo e mediados de agosto, segundo a altitude e a localización. O desenvolvemento larval transcorre durante dúas tempadas.[2]
Notas
editar- ↑ (en inglés) European Butterflies
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Tolman
- ↑ Asturnatura
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Tolman, Tom; Lewington, Richard (2009). Guide des papillons d'Europe et d'Afrique du Nord : 440 espèces illustrées en 2000 dessins en couleurs (en francés). París: Delachaux et Niestlé. ISBN 9782603016497.