Era da información
A era da información, tamén coñecida como era dos computadores, era dixital ou era dos novos medios é un período histórico que comezou a mediados do século XX, caracterizado por un rápido cambio na industria tradicional establecida pola Revolución Industrial a unha economía baseada principalmente na tecnoloxía da información.[1][2][3][4] O comezo da era da información pode asociarse co desenvolvemento da tecnoloxía dos transistores.[4]
Segundo a Rede de Administracións Públicas das Nacións Unidas, a era da información formouse ao capitalizar os avances na microminiaturización por computador,[5] o que levaría a unha información modernizada e a procesos de comunicación tras un uso máis amplo dentro da sociedade, converténdose no motor da evolución social.[2]
Historia
editarO desenvolvemento da comunicación e da transmisión de información é unha das características especiais da nosa civilización desde que se inventou a imprenta de tipos móbiles cara ao ano 1450 por Johannes Gutenberg. Ao permitir producir libros de xeito masivo supuxo un gran pulo á conservación e á transmisión de información, ideas e cultura.
Este pulo viuse reforzado no século XIX coa aparición da prensa escrita e a comunicación por cable (telégrafo e teléfono), seguido no século XX pola aparición dos medios de comunicación de masas como a radio e a televisión, e finalmente a informática e Internet, que dan lugar a unha sociedade baseada no coñecemento (e paralelamente unha economía do coñecemento).
A nivel académico desenvólvense as teorías da información, a teoría xeral de sistemas e a teoría da cibernética, que teñen como función estudar como lograr facer chegar as mensaxes con maior eficación a un público cada vez máis grande, máis crítico, esixente ou simplemente saturado e insensible. A unión das telecomunicacións e o tratamento da información crearon a disciplina coñecida como telemática.
Notas
editar- ↑ Zimmerman, Kathy Ann (7 de setembro de 2017). "History of Computers: A Brief Timeline". livescience.com.
- ↑ 2,0 2,1 "The History of Computers". thought.co.
- ↑ "The 4 industrial revolutions". sentryo.net. 23 de febreiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 Manuel, Castells (1996). The information age : economy, society and culture. Oxford: Blackwell. ISBN 978-0631215943. OCLC 43092627.
- ↑ Kluver, Randy. "Globalization, Informatization, and Intercultural Communication". un.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 18 de abril de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Era da información |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Bibliografía
editar- Oliver Stengel et al. (2017). Digitalzeitalter - Digitalgesellschaft, Springer ISBN 978-3658117580
- Mendelson, Edward (xuño de 2016). In the Depths of the Digital Age, The New York Review of Books
- Bollacker, Kurt D. (2010) Avoiding a Digital Dark Age, American Scientist, marzo–abril 2010, Volume 98, Number 2, p. 106ff
- Castells, Manuel. (1996–98). The Information Age: Economy, Society and Culture, 3 vols. Oxford: Blackwell
- Gelbstein, E. (2006) Crossing the Executive Digital Divide. ISBN 99932-53-17-0
Ligazóns externas
editar- Articles on the impact of the Information Age on business – at Information Age magazine
- Beyond the Information Age, Dave Ulmer
- Information Age Anthology Vol I, Alberts e Papp (CCRP, 1997) (PDF)
- Information Age Anthology Vol II, Alberts e Papp (CCRP, 2000) (PDF)
- Information Age Anthology Vol III, Alberts e Papp (CCRP, 2001) (PDF)
- Understanding Information Age Warfare, Alberts et al. (CCRP, 2001) (PDF)
- Information Age Transformation by Alberts (CCRP, 2002) (PDF)
- The Unintended Consequences of Information Age Technologies by Alberts (CCRP, 1996) (PDF)
- History & Discussion of the Information Age
- Science Museum - Information Age Arquivado 04 de outubro de 2015 en Wayback Machine.