Epigónidos
Os Epigónidos (Epigonidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Características
editarDiferéncianse dos Apogónidos (outra familia dos Perciformes) en que teñen normalmente 25 vértebras, máis de seis infraorbitais, cartilaxe do rostro moi alargado e as aletas dorsal e anal brandas suaves e recubertas de escamas.
A lonxitude máxima rexistrada é de 58 cm (xénero Epigonus).
Clasificación
editarDivídense en sete xénero e 34 especies:
- Xénero Brephostoma
- Xénero Brinkmannella
- Xénero Epigonus (o máis representado, con 27 especies)
- Xénero Florenciella
- Xénero Microichthys
- Xénero Rosenblattia
- Xénero Sphyraenops
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Epigónidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Epigónidos |