Eparquía ortodoxa grega de Volodymyr e Brest
A eparquía de Volodymyr-Brest foi unha sé da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla, parte da metrópole de Kíiv. En 1596 entrou en unión coa Igrexa Católica.
Localización | |||
---|---|---|---|
Xeografía | |||
Parte de | |||
Territorio
editarA eparquía abranguía parte da rexión de Volinia e a parte setentrional de Podlaquia.
Historia
editarFoi estabelecida na Volinia polos seguidores dos santos Cirilo e Metodio. En 992 pasou a formar parte da metrópole de Kíiv.
Entre 1302 e 1332, entre 1337 e 1347, e entre 1371 e 1401 a eparquía foi parte da metrópole de Galicia.
En 1596 o bispo Ipatii Potii aceptou a Unión de Brest, entrando en comuñón coa Igrexa Católica.