Eparquía ortodoxa grega de Przemyśl
A eparquía ou diocese de Przemyśl foi unha xurisdición ortodoxa mencionada por primeira vez a comezos do século XIII, como unidade administrativa da metrópole de Kíiv da Igrexa ortodoxa de Constantinopla. A sé existiu até 1691, cando aceptou definitivamente a Unión de Brest e pasou a formar parte da Igrexa greco-católica.
Localización | |||
---|---|---|---|
Xeografía | |||
Parte de | |||
Historia
editarFoi unha das primeiras sés episcopais en Galicia, segundo varias fontes, fundada en 1026,[1] ou en 1087,[1] ou entre os anos 1117 e 1128.[2] En calquera caso, o primeiro bispo do que se ten noticia foi Antonii Andreikovych, cuxo nomeamento está aosciado co reinado en Galicia de Mstislav o Valente; isto permitiría datar máis tarde o estabelecemento dun bispado, entre 1219 e 1220.[3][4]
Inicialmente, a eparquía formaba parte da metrópole de Kíiv; porén, entre 1302 e 1332, entre 1337 e 1347, e entre 1371 e 1401, formou parte da metrópole de Galicia.
En 1422 o bispo Illia Isaiia foi o primeiro bispo en empregar o título de Przemyśl e Sambir; a diocese de Sambir existía dende o século XIII, e pouco máis tarde as sés foron unidas, pero o título dobre non se empregou até o pontificado de Illia.[4] O seu sucesor, o bispo Atanasii Drohoiovskyi, opúxose á Unión de Florencia.[4]
En 1596 o bispo Mykhailo Kopystenskyi asinou a declaración da Unión de Brest, mais posteriormente botouse atrás e foi excomungado polo metropolita de Kíiv Michal Rahoza.[4] O seu sucesor, Atanasii Krupetskyi, si foi partidario da Unión, pero os ortodoxos elixiron entón a outro bispo e expulsaron a Atanasii, o que provocou que durante arredor dun século conviviran as dúas xurisdicións (grecocatólica e ortodoxa).[4] En 1668, o bispo coadxutor ortodoxo Yurii Hoshovskyi pasou a vivir en Sanok, polo que os bispos pasaron a tomar o título de Przemyśl, Sambir e Sanok.[4] O último bispo ortodoxo foi Inokentii Vynnytskyi, quen traballou dende a súa elección pola unión, e que o 23 de xuño de 1691 asinou a acta de unión.[4]
Episcopoloxio
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Воробьёв, Владимир (2006). История иерархии Русской Православной Церкви [Historia da xerarquía da Igrexa ortodoxa rusa]. Moscova: ПСТГУ. p. 367.
- ↑ Щапов, Я. Н. (1989). Государство и церковь Древней Руси X-XIII вв. [Estado e igrexa da antiga Rus dos séculos X-XIII]. Moscova: Наука. p. 41.
- ↑ Скочиляс, Ігор (2010). Войтович, Л., ed. "Початки християнства у прикарпатському реґіоні та заснування Галицької єпархії в середині xii століття" [Os inicios do cristianismo na rexión dos Cárpatos e a fundación da diocese galiciana a mediados do século XII] (PDF). Княжа доба: історія і культура (en ucraíno) (Lviv: Інститут українознавства ім. І. Крип'якевича HAH України) (3): 47–48. ISSN 2221-6294.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Shipman, Andrew (1911). "Diocese of Przemysl, Sambor, and Sanok". Catholic Encyclopedia 12. Nova York: Robert Appleton Company.