Eparquía católica ucraína de Londres
A eparquía da Sagrada Familia de Londres (en latín: Eparchia Sanctae Familiae Londiniensis) é unha sé da Igrexa Católica Bizantina Ucraína inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2012 tiña 10.130 bautizados. O seu bispo é Hlib Lonchyna.
Localización | |||
---|---|---|---|
Poboación | |||
Poboación | 66.435.550 ![]() | ||
Lingua usada | lingua inglesa ![]() | ||
Relixión | catolicismo ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 244.820 km² ![]() | ||
Catedral | Ukrainian Catholic Cathedral of the Holy Family in Exile (en) ![]() ![]() | ||
Sitio web | ucc-gb.com ![]() |
Territorio
editarO territorio da eparquía abrangue a illa de Gran Bretaña, onde ten xurisdición sobre todos os fieis grecocatólicos ucraínos e belarusos.
A sé episcopal é a cidade de Londres, onde está a Catedral da Sagrada Familia no Exilio. O territorio está dividido en 18 parroquias e 32 misións.
Xeograficamente, a eparquía máis próxima da Igrexa Católica Ucraína é a eparquía de París.
Historia
editarO 10 de xuño de 1957 foi erixido o exarcado apostólico de Inglaterra e Gales coa bula Quia Christus de Pío XII, que o 12 de maio de 1968 estendeu a súa xurisdición a toda Gran Bretaña co decreto Apostolica Constitutione da Congregación para as Igrexas Orientais.
O 18 de xaneiro de 2013 o exarcado apostólico foi elevado ao rango de eparquía coa bula Christi in terris de Bieito XVI, e tomou o nome actual.
Episcopoloxio
editar- William Godfrey (10 de xuño de 1957 – 22 de xaneiro de 1963, finado)
- Augustine Hornyak (18 de abril de 1963 – 29 de setembro de 1987, retirado)
- Michael Kuchmiak (27 de febreiro de 1988 – 5 de abril de 2002, retirado)
- Paul Patrick Chomnycky (5 de abril de 2002 – 3 de xaneiro de 2006, nomeado bispo de Stamford)
- Hlib Lonchyna (14 de xuño de 2011 – 1 de setembro de 2019, renuncia)
- Kenneth Nowakowski (15 de xaneiro de 2020 - actualidade)