Eparquía católica rutena de Mukacheve
A eparquía de Mukacheve (en latín: Eparchia Munkacsiensis) é unha diocese da Igrexa católica bizantina rutena inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2010 tiña 380.000 bautizados sobre unha poboación total de 1 281 000 habitantes. Está actualmente dirixida polo bispo Milan Šašik.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Uzhhorod (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.251.000 (2019) (97,73 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua ucraína | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 12.800 km² | |||
Comparte fronteira con | Hungarian Catholic Eparchy of Nyíregyháza (en) , Suroeste Ukrainian Catholic Eparchy of Sambir – Drohobych (en) , Nordés Arquieparquía católica ucraína de Ivano-Frankivsk, leste Ukrainian Catholic Eparchy of Kolomyia (en) , leste Arquidiocese católica latina de Przemyśl, norte Eparchy of Košice (en) , oeste Greek Catholic Archeparchy of Prešov (en) , noroeste Greek Catholic Diocese of Maramureș (en) , sueste | |||
Creación | 19 de setembro de 1771 | |||
Santo padrón | Teodor Romzha | |||
Catedral | Greek Catholic Cathedral, Uzhhorod (en) | |||
Sitio web | mgce.uz.ua | |||
Territorio
editarA eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa católica bizantina rutena en Ucraína. Os fieis rutenos viven na súa maioría na Rutenia subcarpática, na parte occidental do país.
A sé eparquial é a cidade de Uzhhorod, onde está a catedral da Exaltación da Santa Cruz. Mukacheve é a antiga sé eparquial. O territorio está organizado en 402 parroquias.
Historia
editarA eparquía foi erixida o 19 de setembro de 1771 coa bula Eximia regalium do papa Clemente XIV. Anteriormente, os fieis de rito bizantino estaban suxeitos á diocese de Eger. Inicialmente, a eparquía era sufragánea da arquidiocese de Esztergom.
O 9 de agosto de 1817 a sé eparquial foi transferida a Uzhhorod coa bula Romanos decet Pontifices do papa Pío VII.
O 23 de marzo de 1818 cedeu parte do seu territorio para erixir a eparquía de Prešov, hoxe arquieparquía metropolitana da Igrexa Católica Bizantina Eslovaca.
O 8 de xuño de 1912 cedeu a parroquia de lingua húngara para erixir a eparquía de Hajdúdorog.
O 5 de xuño de 1930 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a eparquía de Maramureş.
O 2 de setembro de 1937, coa bula Ad ecclesiastici de Pío XI, pasou a ser unha diocese inmediatamente suxeita á Santa Sé.
O 1 de novembro de 1947 o bispo Teodor Romzha foi asasinado polo NKVD. Venerado como mártir, foi beatificado polo papa Xoán Paulo II o 27 de xuño de 2001.
Episcopoloxio
editar- Vasyl Tarasovych (1646 - 1651, finado)
- Parfenii Petrovych (1651 - 1665, finado)