Eopsetta
Eopsetta | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Eopsetta é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos,[1] propios do océano Pacífico norte.[2][3]
Porén, algúns autores, como no ITIS, consideran que este xénero constitúe, por si só, a subfamilia dos eopsetinos (Eopsettinae).[4]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Taxonomía
editarO xénero foi descrito en 1885 polos naturalistas David Starr Jordan (estadounidense) e Philip Henry Gosse (inglés).[1]
Etimoloxía
editarO nome Eospsetta está formado pola raíz do latín científico eo- derivada do termo do grego antigo ἠώς eós, "alba", unido ao nome do xénero Psetta, derivado do grego antigo ψῆττα psḗtta, un peixe plano, quizais a solla ou o rodaballo (Psetta é un sinónimo de Scophthalmus, ao que pertence o rodaballo (Scophthalmus maximus = Psetta maxima). Literalmente: "os primeiros peixes planos".
Especies
editarSegundo o WoRMS, e case todas as bases de datos ictiolóxicas, o xénero abrangue tan só dúas especies:[1][5][6]
- Xénero Eopsetta
- Eopsetta grigorjewi (Herzenstein, 1890) – Solla de pintas do Xapón.[7]
- Eopsetta jordani (Lockington, 1879) - Solla de California.[7]
Porén, algúns autores admiten unha terceira, Eopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880), que a maioría dos autores non consideran válida, e a identifican con Lyopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Eopsetta Jordan & Goss, 1885 no WoRMS.
- ↑ Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998).
- ↑ Eschmeyer, W. N. et al. (1983).
- ↑ Pleuronectidae no ITIS.
- ↑ Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Eopsetta en FishBase.
- ↑ Eopsetta Jordan and Goss in Jordan, 1885 no ITIS.
- ↑ 7,0 7,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
- Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald & H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, Massachusetts, USA: Houghton Mifflin Company.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Eopsettinae no ITIS.
- Eopsetta Jordan e Goss 1887 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Eopsetta en ADW.
- Eopsetta na EOL.
- Eopsetta no NCBI.