Entrada de touros e cabalos

A entrada de touros e cabalos é unha festa popular de Segorbe, vila da provincia de Castelló.

Entrada de touros e cabalos

Tipofesta Editar o valor en Wikidata
Coordenadas39°51′07″N 0°29′23″O / 39.8519, -0.4896
LocalizaciónSegorbe Editar o valor en Wikidata
Unidade Adm.Comunidade Valenciana Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Características

editar

Foi declarada de interese turístico internacional, é o acto máis relevante da semana taurina da vila. Ten lugar durante toda a semana do segundo sábado de setembro.

A orixe da festa está no costume de levar os touros á praza dende os currais situados no río, a máis dun quilómetro da vila. A excepcionalidade do festexo outórgaa o feito de axudarse de cabalos para guiar aos touros e a ausencia de barreiras para conter aos animais converténdose o público nun auténtico muro que impide a súa fuga. Isto fai que o escaso minuto que tardan os animais en percorrer a distancia que media entre a torre do Botxí e a praza sexa dunha gran beleza plástica non exenta de certo perigo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar