Enrique de Arce Temes
Enrique de Arce Temes, nado en Ourense o 3 de abril de 1937, é un xornalista e músico de jazz galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) José Enrique de Arce Temes ![]() 3 de abril de 1937 ![]() Ourense, España ![]() |
Educación | Escola Oficial de Xornalismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, músico ![]() |
Familia | |
Fillos | Alejandro de Arce, Marco Antonio de Arce ![]() |
Irmáns | Álvaro de Arce Temes ![]() |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Galega Universal Dicionario biográfico de Galicia Gallegos ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarCon oito anos trasladouse a Lugo, onde estudou o bacharelato e cursou peritaxe mercantil, rematando o ensino medio en 1953. Graduouse en xornalismo pola Escola Oficial de Xornalismo de Madrid, comezando a colaborar durante esta época no xornal El Progreso. Residiu en Berlín entre os anos 1959 e 1966, onde se dedicou profesionalmente á música jazz, tocando a batería e mais a guitarra. A partir de 1966 estableceuse na Coruña, comezando a traballar para La Voz de Galicia e o semanario deportivo Riazor. En 1968 abandonou La Voz de Galicia para incorporarse a El Ideal Gallego, acompañando a Pedro de Llano López, e en 1982 pasou a ser o director do xornal.
No ano 1985 incorporouse á Televisión de Galicia para exercer como xefe de redacción dos servizos informativos e en 1988 como xefe do servizo de documentación e arquivo. No ano 1988 foi nomeado xefe de prensa de Alianza Popular en Galicia, abandonando o cargo en 1990 para reincorporarse á TVG como director do departamento de programación e emisións, e en 1992 como xefe de prensa da CRTVG.
Colaborou noutros diarios como ABC, Ya, La Gaceta del Norte, La Vanguardia e na axencia Logos da Editorial Católica; foi director da Asociación de Prensa da Coruña e colaborador literario e gráfico da Gran Enciclopedia Galega e da Enciclopedia Galega Universal.
Dirixe dende 1987 a revista de espeleoloxía Furada da Federación Galega de Espeleoloxía e foi un dos fundadores da Sociedade de Montaña Ártabros da Coruña.
Vida persoal
editarCasou coa empregada de banca e guía turística Ruth Andratschke Brandt con quen tivo dous fillos; Marco Antonio, pintor e deseñador gráfico e Alejandro, historiador e escritor. É irmán do militar, historiador e xornalista Álvaro de Arce Temes.[1]
Obra
editarXornalismo
editarEn 1968 realizou unha reportaxe titulada «Cita nos Ancares» para El Ideal Gallego sobre a situación dos habitantes da serra dos Ancares, composta por varios artigos que foron recompilados e editados como libro baixo o título Os Ancares: A serra esquecida (2010).[2] Os acontecementos descritos no libro e o testemuño dos protagonistas foron recollidos nun documental con título homónimo no ano 2012.[3]
Conversaciones con cinco notables gallegos (2009) é un resumo das intervencións realizadas nas tertulias da "Peña del miércoles" da Coruña entre os anos 2002 e 2003 por cinco persoeiros galegos destacados: Xosé Ramón Barreiro, Ramón Núñez Centella, Fernando González Laxe, Felipe Senén López e Rogelio Groba.[4]
- Conversaciones con cinco notables gallegos: las tertulias de la Peña del miércoles de A Coruña (2002-2003). Teófilo Piñeiro. 2009. p. 152. ISBN 978-84-937022-1-2.
- Os Ancares: A serra esquecida. Teófilo Piñeiro. 2010. p. 97. ISBN 978-84-937022-8-1.
Notas
editar- ↑ de Cora, José (03-03-2021). "José María de Arce y Calderón de la Barca". El Progreso (en castelán). Consultado o 20-12-2024.
- ↑ P. Lorenzo, Fran (22-09-2010). "As crónicas en branco e negro da montaña esquecida". El Correo Gallego. Consultado o 20-12-2024.
- ↑ "Os Ancares: A serra esquecida". CRTVG. Consultado o 20-12-2024.
- ↑ "Un libro y cinco notables gallegos". El Correo Gallego (en castelán). 01-05-2009. Consultado o 20-12-2024.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Arce Temes, Enrique de". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- "Arce Temes, Enrique de" na EGU
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Biografía en Galegos (Galicia Digital)