Enrique Peñalosa
Enrique Peñalosa Londoño, nado en Washington, D.C., Estados Unidos, o 30 de setembro de 1954, é un economista, administrador e político colombiano.
![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Enrique Peñalosa Londoño ![]() 30 de setembro de 1954 ![]() Washington, D.C., Estados Unidos de América ![]() |
![]() | |
1 de xaneiro de 2016 – 31 de decembro de 2019 ← Gustavo Petro – Claudia López Hernández → Circunscrición electoral: sen valor Electo en: 2015 local elections in Bogota (en) ![]() | |
![]() | |
1 de xaneiro de 1998 – 31 de decembro de 2000 ← Paul Bromberg (en) ![]() ![]() Circunscrición electoral: sen valor | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Duke - Artes liberais Universidade Pantheon-Assas (pt) ![]() Gimnasio Campestre (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, economista, urbanista ![]() |
Partido político | Cambio Radical (Colombia) (en) ![]() Partido Liberal Colombiano ![]() |
Familia | |
Irmáns | Gil Peñalosa ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstá licenciado en Economía pola Duke University, cos títulos de mestría e doutoramento do Institute International d'Aministration Publique e mais da Universidade de París, respectivamente.
Alcaldía de Bogotá
editarLogo de ser representante na Cámara a fins dos anos oitenta, Peñalosa foi precandidato do Partido Liberal á alcaldía de Bogotá en 1992, mais foi derrotado polo exministro Jaime Castro Castro. Para as eleccións de 1994 partiu como gran favorito e presentouse como candidato independente. Non obstante, foi derrotado contra todo prognóstico polo matemático Antanas Mockus. Finalmente, en 1997 derrotou a Carlos Moreno de Caro e foi elixido como alcalde da capital colombiana.
Transporte público
editarPeñalosa, conxuntamente co seu equipo de goberno, deseñou un ambicioso plan de remodelación da vida pública da cidade colombiana. Así, desenvolveu un novo Sistema de Bus Rápido chamado TransMilenio, inspirado no sistema xa existente en Curitiba. De igual xeito, promoveu un día libre de automóbiles e recibiu un masivo apoio popular para unha idea pola cal recibiu o Galardón do Desafío de Estocolmo (Stockholm Challenge Award). A través dun referendo, a xente decantouse por un día ao ano libre de circulación de vehículos a motor e decidiu que a partir do 2005 non teríán autos durante as horas pico da xornada, é dicir, dende as 6 da mañá até as 9 e dende as 4 da tarde até as 7:30.
Ciclorrutas
editarPor outra banda, con el comezou a creación de ciclorrutas de Bogotá, co propósito de dotar á cidade dun rede completa de vieiros para bicicletas. A rede de ciclorrutas de Bogotá deseñouse tendo en conta a morfoloxía e topografía da cidade. En sentido Norte-Sur, a cidade presenta unha topografía relativamente plana; en sentido Leste-Oeste presenta diversos tipos de pendentes. Por iso, seleccionouse o concepto de rede en malla por ser o modelo teórico que presenta maior versatilidade e adecuación, trazando deste xeito eixes lonxitudinais e transversais da cidade. Xa que logo, súa é a primeira pedra na construción da rede de ciclorrutas máis extensa de América Latina.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Capitalismo: La mejor opción.
- Democracia y Capitalismo: retos para el próximo siglo.
Ligazóns externas
editar- Entrevista con Enrique Peñalosa (en inglés)
- Biografía de Enrique Peñalosa (en castelán)
- CV de PeñalosaArquivado 29 de abril de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina de Facebook de Peñalosa (en castelán)