Enrique Hervada
Enrique Hervada García-Sampedro, nado na Coruña en 1883 e finado na mesma cidade o 4 de abril de 1953[1], foi un médico galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 4 de abril de 1953 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e fixo a licenciatura (1905) e o doutoramento (1906) en Madrid. Foi profesor axudante da Facultade de Medicina de Santiago e ampliou estudos en París. En 1910 abriu consulta na Coruña. Médico moi coñecido, participou nunha sociedade asistencial, e traballou para que a xente sen recursos tivese asistencia. Atendía gratuitamente no dispensario antituberculoso da rúa do Sol e no Sanatorio de Oza. Exerceu de profesor da Universidade Popular da Coruña. Foi membro de varias sociedades científicas e presidente do Círculo de Artesáns. Colaborou en La Calle e publicou máis dun cento de traballos médicos.
Recoñecementos
editar- O Concello dedicoulle unha rúa no barrio de Catro Camiños e hai un monumento nos Xardíns de Méndez Núñez que o lembra.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 4-4-1953, p. 1.