Enrique Aller
Enrique Aller López, nado en Lalín en 1948 e finado no Perú o 6 de xuño de 1999,[1] foi un avogado e cooperante galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 ![]() Lalín, España ![]() |
Morte | 6 de xuño de 1999 ![]() Perú ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Enrique Aller Goyanes. Estudou no ICADE, do que foi expulsado, e despois na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en dereito, comezou a traballar en Madrid con Enrique Barón. Retornado a Galicia, en 1973 foi asesor do Colexio de Arquitectos e montou un despacho laboralista na Coruña con Carlos Cerviño, Paco Pampín e Enrique Capeáns. Marchou a Suramérica como cooperente. En Nicaragua axudou a crear o novo código laboral. Gañou un concurso da Unión Europea para desenvolver a autonomía palestina. Morreu nunha estrada da Amazonia coa bióloga Mercedes Arteche Prieto, cando cooperaba no Perú como director do programa dos Desprazados pola Violencia en apoio dos indios Asaninka .[2]
Vida persoal
editarCompañeiro de Concha López Sánchez, foi pai de tres fillos, Antón, Ulla e Sara.
Recoñecementos
editarO Concello de Lalín outorgoulle a Folla de Carballo de prata a título póstumo en 2003.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Enrique Aller
- Hartos de normas, límites y horarios Arquivado 24 de agosto de 2019 en Wayback Machine.