Emma Couceiro
Emma Couceiro López, nada en Cospeito en 1977, é unha poeta en lingua galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (47/48 anos) Cospeito, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, ten publicado varios libros e colaborado como poeta en revistas como A Xanela, Dorna, Xistral ou Zurgai, así como en varios volumes colectivos.
Viviu en Laracha, Arteixo, Mondoi, Oza dos Ríos (de onde procede toda a súa familia materna e parte da paterna) e A Coruña.
A súa poética caracterízase por unha continua indagación no eu lírico, moitas veces artellada desde a técnica do desdobramento (As entrañas horas), polo uso de símbolos e repeticións (Humidosas), o emprego dunha sintaxe rota e a ambientación íntima que remite moitas veces ao territorio do fogar (marcado en feminino) e ao marco da infancia.
Obra
editarPoesía
editar- Humidosas. A Coruña: Espiral Maior, 1997.
- As entrañas horas. Sada: Ediciós do Castro, 1998.
- (Cito). Vigo: Xerais, 2003.
- Pobreza de espírito. A Coruña: Chan da Pólvora, 2024.
Obras colectivas
editar- Mulher a fazer vento, Edições Tema, 1997.
- Palabras no ar.
- Novas voces da poesía galega. Recital.
- Río de son e vento, Xerais, 1999.
- Novas voces da poesía galega: recital, Consello da Cultura Galega, 2000.
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, Letras de Cal, 1999.
- Manuel María, Ophiusa, 2001.
- Mujeres de carne y verso, Madrid, 2001. Edición bilingüe galego-castelán.
- A tribo das baleas, Xerais, 2001.
- 25 anos de poesía galega III, A Coruña, 2002.
- Alma de beiramar, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, Consello da Cultura Galega, 2003.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, Espiral Maior, 2003.
- Das sonorosas cordas, Eneida, 2005.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, Espiral Maior, 2006.
- O desafío das ondas, Autoridade Portuaria da Coruña, 2006.
- Poética da casa, Xunta de Galicia, 2006.
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006.
Premios
editar- V Premio Espiral Maior de Poesía no 1996, por Humidosas.
- X Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1998, por As entrañas horas.